Ribadeo, 29 de maio de 2025. Os días 7 e 8 de xuño celebraranse As Cruces en A Ponte-Arante, festa de interese turístico galego.
O sábado, día 7, terá lugar o pregón a cargo do reitor da USC, Antonio López Díaz. E a continuación Emilio Rúa ofrecerá un concerto.
Xa o domingo, día 8, ás 12:00 horas será a Bendición dos Campos, Procesión, Bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. Amenizará o acto o cuarteto Illa Pancha, a continuación haberá misa solemne e ás 14:00 horas sesión vermú co grupo D’Cano. Ás 15:00 horas dará comezo a V Comida Romaxe das Cruces, que será servida por catering Pulpería Suso. As persoas interesadas en asistir poden facer as reservas de tíckets nos seguintes números de teléfonos: 636 87 49 51 (Javier) ou 639 93 35 12 (Suso). O prezo para os adultos será de 30 euros. E para os menores de 10 anos será gratis. O menú estará composto por: xamón cocido, polbo, churrasco, pan, postre, café e bebida.
Pola tarde ás 18 horas será a representación da batalla por Recreadores de Galicia – RG. Da nota musical encargarase Grupo D’Cano. Ás 20 horas dará comezo o concerto que ofrecerá Lucía Pérez e o Grupo D’Cano encargarase do fin de festa.
A Romaxe das Cruces está organizada pola Comisión de Festas de As Cruces de Arante coa que colaboran o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, Sanbet Agencia e Tradigalu.
Desde o Concello animan “a participar nesta romaxe, festa de interese turístico galego” e agradecen “o traballo realizado pola comisión organizadoras para ofrecer un programa cheo de actividades e unha aposta polo mantemento das nosas tradicións”.
No acto de presentación da Romaxe das Cruces participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, así como Suso García, Javier Villa e Azucena González, da Comisión de Festas de As Cruces de Arante.