Bruno Arca, alumno de 1º Ciclo Medio de Cociña, acadou un 4º posto no Combiguru Challenge celebrado en Venecia os días 8 e 9 de maio. O concurso consiste en realizar unha serie de probas na APP da compañía, famosa polos seus fornos. Os seleccionados van a Venecia para participar no concurso no cal teñen que preparar un prato e unha sobremesa durante tres horas, sempre empregando os fornos da marca. Os dous días de concurso inclúen visitas guiadas pola cidade de Venecia e formacións con cociñeiros de prestixio como Paolo Casagrande, do Restaurante Lasarte de Barcelona con tres estrelas Michelin.
