Ribadeo, 7 de xuño, 2025. Este venres 6 de xuño tivo lugar o debate Soberanía Dixital V: Intelixencia Artificial. A biblioteca pública Viejo Pancho de Ribadeo acolleu un nutrido grupo de persoas para presenciar e participar no debate entre Mario Penelo e Jose Manuel Ventoso. Un debate que resultou áxil e interesante baixo a coordinación de Lucía Ferro. Nel tratáronse, cun sistema de quendas, diversos temas fundamentais relacionados coa IA, rematando nun coloquio que alongouse pola intervención do público. Asemade estaban na sala Adrián Rodríguez Sanjurjo e Inma Gregorio, autores de contribucións ó fanzine especial (8 páxinas, oito artigos) repartido no evento e que tiveron tamén unha pequena intervención. Asemade, Andrea Lombardía achegouse ó ordenador para amosar algún detalle de particulares creacións artísticas. Co interese suscitado, o acto alongouse máis do previsto.
Pódese seguir en diferido na ligazón https://youtu.be/c3mhEnBri6c en vídeo (a excepción da rolda de preguntas) e en https://shorturl.at/eCBGc en audio.
Cara ó futuro, dicir que os eventos de Soberanía Dixital terán continuidade o próximo mes co tema do Dominio Público, dando unha visión xeral sobre a propiedade no mundo dixital e o uso público das ideas e creacións.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



