Trabada, 3 de xuño de 2025. O Concello de Trabada impulsa unha nova actividade de lecer e convivencia coa organización dunha viaxe á cidade de Xixón, que terá lugar o 24 de xuño. A iniciativa está dirixida a veciños e veciñas de Trabada e a usuarias e usuarios do servizo de Terapia Ocupacional.
O programa da xornada inclúe a visita ao Acuario, ao Museo do Ferrocarril, xantar e o seguro de viaxe. O prezo total é de 50 euros por persoa.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición e facer o pago nas oficinas municipais do Concello de Trabada ata o 13 de xuño. As prazas son limitadas e no caso de quedar vacantes tras ese prazo, poderán acudir persoas con familiares empadroados en Trabada.
Desde o Concello de Trabada destacan que este tipo de propostas buscan fomentar a participación social, o acceso á cultura e o benestar emocional da veciñanza, promovendo espazos de encontro e dinamización comunitaria.