Vilalba, 3 de Xuño de 2025. A Concelleira de Cultura Mónica González e o Vicealcalde de Vilalba Modesto Renda reuníronse cos representantes das comisións de festas para lles trasladar a vindeira tramitación das subvencións municipais de axuda aos gastos dos festexos das parroquias.
Así, o Concello de Vilalba, a través da concellería de Cultura, destinará a cantidade total de 36.000€ a este fin, de xeito que cada unha das parroquias reciba 1.200 euros en concepto de axuda.
Ademais, as festas da amizade entre parroquias contarán coa mesma cantidade en concepto de subvención.
A responsable de Cultura Mónica González puxo en valor este compromiso municipal, pois tal e como explicou,”o concello debe velar por manter vivas as nosas tradicións e as festas patronais das das parroquias son unha das máis importantes”.
Unha opinión compartida polo Vicealcalde, Modesto Renda, quen cualificou de “fundamental” esta axuda por tratarse as festas do patrón dun factor de dinamización incuestionable no rural.