José Manuel Gómez Puente, explica que durante a noite de San Xoán a zona de Altar, unha das máis turísticas do municipio “non tivo alumeado público” a pesar de que conta cuns 30 farois LED: “Falamos de mellorar a imaxe do municipio pero, sobre todo, de dar seguridade”
Barreiros, 24 de xuño de 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros denuncian que na noite de San Xoán a zona de Altar, unha das máis turísticas e que ten un maior número de vivendas, “non tivo alumeado público” a pesar de que hai uns 30 farois con tecnoloxía LED.
O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, recorda que nesta zona do municipio hai varios locais de hostalería o que, engadido ás numerosas vivendas, fai deste punto “un dos máis concorridos durante o verán e en noites como a de onte” polo que “non é de recibo que non haxa ningún tipo de alumeado público”.
José Manuel Gómez Puente esixe ao goberno local de Barreiros que “acedan de inmediato o alumeado público, sobre todo de cara á campaña de verán cando a poboación de Barreiros multiplícase”.
O voceiro popular recorda que “non é a primeira vez que denunciamos as carencias do alumeado público de Barreiros” xa que cómpre recordar que “na pasada Semana Santa a estrada da costa, que conecta numerosos puntos de interese así como negocios de hostalería, contou con numerosas deficiencias de alumeado”, sen esquecer a situación da rotonda que une as estradas nacionais 634 e 642 e tamén da rotonda que une o acceso a autovía A-8 coa N-634, “carentes de alumeado dende hai moitos meses”.
José Manuel Gómez Puente denuncia esta situación e esixe “que se corrixa de inmediato xa que, ademais de dar unha imaxe moi pobre do municipio, estase a minimiza a seguridade xa que o alumeado é fundamental”.
“Son moitos os veciños que xa puxeron esta situación no noso coñecemento, así como as queixas dos propietarios dos negocios de hostalería son importantes xa que a realidade é que son moitos os farois apagados, tanto nas proximidades dos negocios como noutros puntos do municipio”, denunciou.