A actuación, recentemente adxudicada, permitirá solucionar os problemas detectados en 2024, garantindo un abastecemento seguro e de calidade
Cariño, 21 de xuño, 2025. O Concello de Cariño continúa dando pasos firmes para mellorar a calidade da auga e a seguridade do abastecemento no municipio coa próxima instalación dun filtro específico para a eliminación do níquel na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de O Castro. Con esta actuación, recentemente adxudicada, espérase poñer solución aos problemas detectados no pasado 2024.
Nos últimos meses xa se levaron a cabo diversas melloras neste ámbito, entre elas a instalación de dispositivos de telecontrol nos depósitos de auga potable co obxectivo de detectar de forma máis rápida e eficaz calquera incidencia na subministración.
Estas actuacións responden os problemas rexistrados en 2024, cando se produciron ata tres episodios de superación do límite permitido de níquel, o que obrigou a declarar a auga non apta para o consumo nin para cociñar durante case tres meses. Trátase, por tanto, dun avance fundamental para protexer a saúde pública e previr situacións similares no futuro.
A ETAP de Castro, que abastece ás parroquias de Cariño e A Pedra, non contaba ata o de agora cun sistema específico de eliminación de níquel, o que deixaba o abastecemento exposto ás variacións deste contaminante, algo que se solucionará con este novo filtro que se instalará nas próximas semanas.
A actuación súmase a outras xa realizadas o pasado ano, no marco do convenio asinado en 2024 coa Xunta de Galicia, que permitiu a renovación dos catro filtros existentes na ETAP de O Castro. Con esta nova intervención, adxudicada á empresa Enxeñería Mediterránea da auga S.L. por un importe de 19.691,54 euros, o Concello reforza o seu compromiso cos veciños e veciñas para evitar que se repitan situacións similares.
Esta medida forma parte do compromiso firme do Concello de Cariño de garantir unha subministración de auga segura, continuo e de calidade para toda a poboación. Coa incorporación deste novo filtro e a mellora dos sistemas de control, refórzanse as capacidades de resposta #ante posibles contaminacións, algo que foi unha das prioridades do executivo liderado por Ana María López desde a súa chegada ao goberno municipal.
“Desde el primer momento, tuvimos claro que la seguridad del agua debía ser una prioridad absoluta”, sinala a alcaldesa Ana María López. Na mesma liña, a rexedora afirma que “queremos que la ciudadanía confíe plenamente en el agua que llega a sus casas, y estas actuaciones son un paso fundamental para lograrlo”.