A artista ofrecerá o seu primeiro concerto en Galicia na Casa da Cultura da vila mariñá
Burela, 13 de xuño de 2025. O ciclo musical Maraxes da Osa, impulsado por Fanto Fantini, celebra este sábado 14 de xuño a súa terceira actuación cun concerto da cantante Yarea Guillén, unha das voces máis destacadas da nova escena pop estatal e parella do tamén músico Dani Fernández. A cita será na Casa da Cultura de Burela ás 21:00 horas, con apertura de portas ás 20:30 h
Será a primeira vez que Yarea actúe en Galicia. A artista únese así á listaxe de nomes que se estrea na comunidade da man deste novo ciclo musical, impulsado co apoio do Concello de Burela e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. As dúas actuacións anteriores do ciclo, protagonizadas por Marilia e Mercedes Cañas, tamén supuxeron os seus primeiros concertos na provincia de Lugo.
As entradas xa están dispoñibles a través das webs www.osadomar.com e www.woutick.es cun prezo anticipado de 15 euros (máis 1 € de gastos de xestión), ou 10 euros para mozos e mozas de 16 e 17 anos. Os menores de 16 anos poden asistir de forma gratuíta, mais deberán retirar entrada. Na billeteira, o prezo será de 18 euros.