A Mariña 3 de xullo de 2025. O pobo de Viveiro volveu de novo concentrarse diantedo seu centro de saúde, convocados pola Plataforma Sanitaria da Mariña desde a multitudinaria manifestación que percorreu a cidade o pasado 23 de marzo. Os motivos siguen a ser os mesmos que cada primeiro e terceiro xoves de cada mes, a falta dunha plantilla completa de persoalque permita garantir unha sanidade digna e de calidade.
A partir deste mes de xullo quedan eliminadas as consultas da quenda de tarde, pasando tod@s @s facultativ@s á mañá, máis aínda así hai déficit porque en Viveiro ten que haber 11 médic@s de familia e esa estratexia para facer crer á xente que está todo o persoal non cola. “O pobo de Viveiro está xa farto das operacións de maquillaxe da realidade”.
Desde o cectivo advirten tamén que a xerencia “está a negar información ás persoas mediante circulareds que obrigan a retirar cartaces informativos dos centros sanitarios, porque o único que lles interesa é a desinformación”.
SITUACIÓN DE EXTREMA GRAVIDADE EN CERVO
Desde a Plataforma tamén advertiron que a partir do día 15 de xullo, trala renuncia ao contrato do médico do consultorio de Cervo e as vacacións doutra facultativa de San Cibrao, o Concello de Cervo con maís de 6mil persoas, entre poboación censada e residente quedará cunha soa facultativa durante os meses de xullo e agosto, polo que segundo manifesta a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, “avecíñase un caos sanitario”.
É por iso que desde a Plataforma convoca unha concentración diante do centro de saúde de Cervo o día 17 de xullo ás 11:30 horas, xa queese será o primeiro día que Cervo queda cunha soa médica, se a Xerencia non pon remedio.
Desde a plataforma sanitaria apelan ao carácter comprensivo e solidario do pobo de Viveiro xa que ese día tocaba concentración nesta localidade, “máis ante unha situación de emerxencia temos que apoiar aos lugares onde quedan nun deserto sanitario, polo que modificamos a concentración de Viveiro para o xoves 24 de xullo”, conclúen.