En tempos, o de coleccionar cromos era unha moda de xente nova. Hoxe séguese a practicar, pero non nas cantidades e condicións de antes. Había que elixir ben que se coleccionaba (os recursos soían ser escasos), normalmente xogadores de fútbol, e máis adiante no tempo personaxes televisivos diversos, e tiña unha compoñente socializadora, polo do intercambio de cromos para lograr a colección máis completa e o más rápido posible ou a mera coparación de coleccións.
Estes días pasados, en Galicia, estamos a ver unha nova versión moi elitista (pode darse un caso por xeración) dun proceder parello. Resulta que aquí, os cromos (neste caso as medallas), non se procuran, mercan e intercambian, non se conseguen, senón que lle chegan á persoa como caídas do ceo. Non son os pais quen soltan os cartos para a compra, senón que é o pobo enteiro, a sociedade, mediatizada por cargos e institucións diversos, quen solta o que haxa que soltar para cada unha das medallas. Por exemplo, para a medalla de Galicia. En teoría, concédese por servizos prestados a Galicia. É dicir, o pago sería por adiantado á concesión, e contaría como equivalente a eses cromos que eran moi difíciles de conseguir, que ‘saían pouco’. Mais na versión elitista, subversión da normal, ven dada non polos servizos prestado a Galicia, senón polo agradecemento de Galicia por existir a persoa á que se lle agradece. Nesa versión, en menos dunha semana, unha mesma persoa ten un par de condecoracións, filla adoptiva de Marín a máis da citada Medalla de Galicia, despois de pasar un curso no que ascendeu non un, senón ata catro niveis máis de ensino na Escola Naval Militar. Coido que por isto último, unha proeza, tamén lle podían ter dado outra medalla. A máis, a entrega da Medalla de Galicia foi individual, separada da cerimonia de entrega doutras medallas en teoría iguais, xustificando o seu aparte pola axenda persoal da persoa á que se lle concede. Por iso, mais non por ser unha das persoas «…calquera que sexa a súa actividade, dentro ou fóra do territorio da Comunidade Autónoma, salientables polos seus méritos e polos servizos prestados á propia comunidade», por moito que sexa “vontade do goberno galego” (ámbalas dúas citas, tomadas de documentos institucionais sobre a Medalla de Galicia). Tampouco, por moito que o Presidente da Xunta tente, medalla mediante, expresar o “cariño sincero” que ó seu xuízo profesa a “mayoría del pueblo gallego” á princesa Leonor e á Casa Real no seu conxunto.
A todas estas, un medio pouco sospeitoso de antimonárquico lanzou unha enquisa preguntando: “¿Qué te parece la ausencia de Goretti Sanmartín en un acto con la princesa Leonor tras llamar Galiza Nova al escrache?” A pesar de evitar o contexto xeral, enfocándoa a un acto descontextualizado, a resposta foi clara clara: dos algo máis de 12 000 votos recibidos tres días despois, algo máis de 6700, o 55 %, apoiaban á alcaldesa de Santiago. Entre os restantes, hai que contabilizar tamén os que ‘non teñen opinión formada’… É dicir, estímase que a alcaldesa de Santiago actuou como representante que é do pobo, sen cinguirse a colegueo institucional.
Despois do dito, só unhas verbas para apuntar de xeito inocente que debe ser moi aburrido xogar a un xogo ó que non só xogan por ti senón que fan trampas para que ti ganes…



















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



