Celeiro de Mariñaos, Barreiros, 8 de agosto de 2025. Este venres ás 7 da tarde no adro da capela presentouse a Romería de San Caetano, que se celebrará o sábado 16 de agosto e o domingo 17 de agosto en Celeiro de Mariñaos. Esta romería, con fonda tradición na parroquia e na comarca contempla tamén a celebración da Festa da Tortilla, que vai xa pola XXVIII edición. Neste acto de presentación do programa, no que se obsequiou aos asistentes coa proba da tortilla para ir facendo boca para o vindeiro fin de semana do 16 e do 17 tivo lugar tamén e por primeira vez a lectura do pregón, e que neste primeiro ano o protagonista foi Emilio López, “Cele”, que é poseedor dun amplo currículum musical e que liderou bandas que revolucionaron o panorama musical galego coma Os Skornabois ou Safari Orquestra, e que é un profundo coñecedor desta romería, pois aparte de ser un asíduo romeiro, participou nela en diferentes formatos musicais.
Emilio reivindicou o mantemento deste tipo de festas e do palco de lona, palcos nos que ao longo da nosa historia actuaron as mellores voces e os mellores músicos do país. O pregoeiro rememorou diversas anécdotas vividas na romería, fixo un breve repaso pola historia do santo ademáis de falar dos seus vínculos coa parroquia de Celeiro de Mariñaos
A romería comezará o sábado 16 ás 13:30 con misa na capela e procesión, para continuar con unha maravillosa sesión vermu co Grupo de Gaitas da A.C. Saíñas de Xove e o grupo de música cubana con alma galega Toxo Guayaba
Haberá concurso de tortillas, e por suposto, degustación de tortilla. Pola tarde, outra gran actuación musical para o público miudo: Peter Punk Pallaso , co espectáculo “Chungo que te cagas”. Pola noite amenizará a verbena De Luxe Música. Haberá o xa clásico Baile do Farolillo e ao remate, chocolatada.
O domingo 17, ás 13:30 iniciarase a sesión vermú co Dúo Sonidos.
A tapa desta sesión vermú será o xamón cocido e cunca de caldo.
Ás 17:30 será o concurso Máster Tortilla, que poñerá o broche final a esta romería.
Cartel e camisolas de autor
No plan de difusión desta romería contan coma en anos anteriores con cartel e camisola de autor, deseñados polo artista gráfico David Ribas Pena, inspirada este ano no pintor francés Eugène Delacroix.
A camisola e demáis material de merchandising está xa á venta e poderase adquirir tamén na propia romería.