Foz, 20 de agosto de 2025. A Garda Civil e a Policía Local de Foz establecerán de forma conxunta e coordinada no casco urbano focego un operativo especial para control do ocio nocturno na noite do xoves 21 ao venres 22. Ademais da vixilancia no cumprimento de horarios, control de accesos e equipos de son dos locais, farase especial incidencia na seguridade da circulación, con tests de alcoholemia e outras substancias.
O Concello de Foz agradece a implicación da Garda Civil e da Policía Local para o desenvolvemento de accións conxuntas coma esta, que “redundan na seguridade de todas e todos”.