As Escolas Deportivas do Burela FS comezan os adestramentos contando con máis de 160 xogadores/as de todas as categorías, nas modalidades feminina e masculina
Burela, 22 de agosto, 2025. As Xoias Laranxas completan hoxe a súa primeira semana de traballo con 7 dos 16 equipos que comporán a ED Burela FS 2025-26. Infantís, cadetes e xuvenís, tanto masculinos coma femininos, comezaron os adestramentos o luns pasado, con diferentes compromisos no seu horizonte máis recente antes da liga.
O Torneo Nacional Ciudad de Valladolid (30 e 31 de agosto) será o destino para a sección masculina, coa participación dos xuvenís de Miguel Rodríguez e os cadetes de Javier Pardeiro.
Na sección feminina, poranse a proba o xuvenil de Mario Pillado, o cadete de Míchel Couceiro e o infantil de Miguel Rodríguez; será o 13 e 14 de setembro no Torneo Muslera de Cantabria.
Filial Feminino
O filial feminino, de Mario Pillado, tamén estreou a súa preparación canda o resto das Xoias Laranxas. O cadro, que combinará a experiencia de xogadoras de tempadas anteriores cunha nutrida representación de xuvenís, afrontará o reto de 2025-26 en Primeira Futgal.
O día 7 de setembro disputarán os cuartos de final da VI Copa Deputación ante A Lenda Castroverde FS nun partido único para pasar a semifinais.
Matrícula aberta para a ED Burela FS
Con máis de 160 alumnos/as xa, a escola laranxa aínda mantén aberto o prazo de inscrición para o novo curso, entre as categorías Biberón e Xuvenil.
Se aínda non formalizaches a túa matrícula, podes consultar toda a información AQUÍ (categorías, trámites, indumentaria…).