Ribadeo, 28 de agosto de 2025. As festas patronais de Ribadeo darán comezo mañá, 29 de agosto, co pregón que pronunciará José Rodil, ex secretario do Concello de Ribadeo e persoa vinculada a moitas actividades culturais na vila. A comisión presentou o cartel no Salón dos Alcaldes do Concello.
Tras o pregón haberá pasarrúas e pola noite festa con varios djs. Por diante un amplo programa de actividades ata o 8 de setembro con xornadas dedicadas aos nenos e aos maiores. O recinto feiral volveu este ano ao aparcadoiro municipal, a onde están a chegar xa moitas atraccións estes días. Os fogos do 7 serán no peirao. E o día da patroa, 8 de setembro (festivo local), terá lugar o concerto de Ráfaga.
Na presentación do cartel xunto á comisión organizadora estiveron o alcalde, Dani Vega, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
PROGRAMA