Burela, 5 de setembro, 2025. Comeza a liga na 1ª División Iberdrola FS e o renovado equipo do CD Burela FS estréase ante todo un xigante, o Melilla Ciudad del Deporte, ás 18.30h en Vista Alegre. Tras unha breve pretempada na que se puideron probar en 3 encontros, o primeiro ante o Bembrive FS no que o conxunto pontevedrés venceu ás burelenses por 2-1, o segundo ante o 5Coruña FS en Vista Alegre gañando por 4-0 e finalmente, o pasado luns día 1 ante o Valdetires FSF, no que o resultado final quedou en 3-2 para as ferrolanas, cun Burela que case remonta o encontro na segunda parte.
Encontros de pretemporada que serviron para poñer un moi xove aínda que talentoso equipo a proba e que servíu de aprendizaxe para comezar a longa competición ligueira que nos próximos meses serán clave para a permanencia do equipo en primeira división. Comezando ante un dos máis duros partidos da tempada, este sábado a cita para a marea laranxa na bomboneira é obrigatoria. O equipo precisa de todo o apoio posible para este complicado partido.
Análise de pretempada
Falamos coa técnica ferrolana, Belén Feal, que se mostra satisfeita co traballo realizado durante este período, “Levamos pouco tempo traballando pero a volarción é positiva. A idea non era outra que arrancar, con moita ilusión e moito traballo e estamos cumplindo”. As súas espectativas de cara a tempada, “ir sumando experiencia e traballo. A nosa intención é integrar a todas esas xogadoras que veñen do filial nunha plantilla completamente renovada. Crear un grupo compenetrado no que permaneza a unión e o traballo en equipo”. Apreciando as vantaxes de contar con tantas xogadoras da canteira e da comarca, “o sentimento de pertenencia é algo moi importante. É algo que moitas veces hai que xenerar e intentar que os xogadores/as o adquiran e neste caso moitas xa son daquí e eso axuda moito no aspecto motivacional, a conectar cos afeccionados. Creo que é un plus”. Sobre a pretempada e os partidos desputados saca conclusións positivas, “as conclusións que sacamos son positivas xa que o equipo estase adaptando ben, hai unión entre elas, hai compañeirismo e eso é algo moi importante e que nos interesa moito. O resultado era o que menos importaba.” Moi satisfeita cos seus compañeiros/as do corpo técnico, “é unha marabilla, estou encantada con todos os meus compañeiros, todos botan unha man. Eu son nova aquí e dende o primeiro momento sentinme coma na casa, agradézcollelo a eles. Sabemos que temos un longo e duro camiño por diante pero o grupo humano é moi bo e eso para min é moi importante”.
Sobre o Melilla e a liga
Empezamos a liga ante dous dos equipos máis competitivos da categoría, “ao final vainos tocar xogar contra todas. Si que é interesante comezar así porque si que é unha maneira de ver ao equipo, de ver como afrontan certas situacións que van ser complicadas e que van ser máis de unha e de dúas. Neste aspecto é superimportante a actitude, e vainos vir ben para poñer os pés na terra e para moitas de nós ver que estamos en primeira división e que vai ser duro. Comezamos co Melilla pero todos os partidos van ser complicados, partindo de iso, con humildade e traballo sacarémolo adiante”. Sobre o primeiro encontro “espero un equipo moi forte, son xogadoras con moita calidade como sabemos todos, pero nós temos que centrarnos no noso traballo independentemente das xogadoras ás que nos imos enfontar. Traballar serias e con compromiso”.
O importante, crear un equipo con identidade, “na identidade é no que máis estamos traballando, estamos buscando ter un equipo guerreiro, loitador, valente. Contamos con xogadoras xoves e temos que tirar de orgullo e ir cara adiante, con actitude sempre. Que a pesar do resultado, a pesar de como acaben os partidos e de que haxa momentos máis difíciles ou máis fáciles, tirar de orgullo e de coraxe e devolver a toda a xente que vén vernos a Vista Alegre e que nos está apoiand,o o que merece”.