Burela, 6 de setembro, 2025. Estrea da tempada 25/26 da 1ª División Iberdrola FS en Vista Alegre, ante un dos equipos máis potentes da categoría, o Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca, na que se respirou a paixón laranxa tanto na pista coma na grada, cunha afección que non deixou de alentar a un plantel de Belén Feal que o deu todo, sen rendirse, durante os 40 minutos.
Comeza presionando con intensidade o Burela, primeira ocasión a porta de Cris Blanco que a toca de cabeza dende propia cancha pasando o balón por riba de Bia da Silva, pero sae fóra. No minuto 5 Bía Souza anota o 0-1 dende os 10 metros, e no 7 Ana Eliza logra desviar fóra un bo disparo escorado de Nega. No minuto 11 Juliana anota o segundo tanto rematando a placer un pase de Amandinha. Un Burela moi defensivo aguanta os próximos minutos a presión alta do Melilla, que logra o terceiro a segundos do descanso cun gol de Nega nunha xogada de estratexia na área.
Na segunda parte continúa o Burela defensivo da primeira, ante un Melilla que non permite e que anota o cuarto no primeiro minuto deste segundo tempo, un gol de Juliana que remata un pase tras un saque de esquina. Un minuto despois Ana Luiza lanza ao traveseiro e segundos despois Lola saca un balón directo a porta por encima do largueiro. No 24 Juliana volve a anotar outro tanto cun lanzamento longo que pasa por riba da defensa burelá nunha saída de portería de Lola. Continúa a defensa do Burela e Lola volve a sacar fóra un lanzamento directo e potentísimo de Emilly salvando o sexto gol. Sucesivos paradóns de Lola durante os próximos minutos nos que salva 3 goles en dous minutos. No minuto 28 Gabi cae contra a parede nunha falta do Melilla e é trasladada ao hospital, de momento sabemos que está consciente e en principio, ben, á espera dos resultados dun TAC. Esperamos que fose o mínimo posible e se recupere pronto. Volve a salvala lola no minuto 29 nun remate de cabeza de Nega que atrapa a porteira burelá coas mans. No 31 intentao o Burela cun remate de Lara nun saque de esquina que despexa a defensa melillense continuando con varios saques de banda e lanzamentos que non logran entrar en portería. Resisten as Pícaras ante a intensidade do Melilla. No minuto 35 Laura Barranco consigue o primeiro tanto tras unha combinación con Lara que logra repeler a porteira rival deixando un balón morto na área que aproveita Laura anotando o 1-5. Anímase o Burela e aumenta a intensidade de xogo durante os vindeiros minutos. Inténtao Lola a dous minutos do final cunha saída e disparo que atrapa María Arcas. Nos dous últimos minutos Emilly sentencia o encontro con dous goles, o primeiro un disparo lonxano que entra case pola escuadra nunha xogada de estratexia e no segundo a brasileira rouba o balón en cancha rival e executa un potentísimo disparo dende case o borde da área.
Ficha Técnica Burela FS 1-7 Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca
Burela FS (1): Ana Eliza; Cris Blanco, Gabi, Silvia Rubal (C), Lara -quinteto inicial-, Laura Barranco, Irene, Sydorenko, Sandra, Lola (P), Marina, Mara.
Melilla CdD Torreblanca (7): Bia da Silva; Laura Uña, Silvina, Juliana, Bia Souza -quinteto inicial-, Amandinha, Irene Samper, Nega, Emilly, Ana Luiza, María Arcas (P)
Goles: 0-1, min. 5: Bia Souza. 0-2, min. 11: Juliana. 0-3, min.20: Nega. 0-4, min. 21: Juliana. 0-5, min. 24: Juliana. 1-5, min.35: Laura Barranco. 1-6, min. 39: Emilly. 1-7, min.40: Emilly.
Árbitros: Mayra Camila Araujo (Galicia), Roberto Amor (Galicia), Berta García (Galicia)
TA: Por parte do Burela FS; Gabi, Cris Blanco, Irene. Por parte do Melilla; María Arcas.