Burela, 26 de setembro de 2025. O Concello de Burela anuncia o inicio das escolas deportivas municipais que se desenvolverán dende outubro a xuño. As actividades darán comezo o 6 de outubro e incluirán patinaxe lúdico, que se impartirá os luns no Pavillón dos Castros en dúas quendas, de 15:30 a 16:30 e de 16:30 a 17:30; rutas en bicicleta, que terán lugar os mércores con saída dende a Praza do Concello de 15:30 a 17:00 e tenis de mesa, que se celebrará os xoves na Casa da Xuventude de 16:00 a 17:00.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a inscrición na Casa da Xuventude entre o luns 29 de setembro e o venres 3 de outubro, cumprimentando a ficha correspondente. O prezo será de 6 euros por cada actividade.
Ademais das escolas municipais, o resto da oferta deportiva local será impartida polos clubes e asociacións do municipio. O Burela FS encargarase do fútbol sala, mentres que a SD Burela e o Porto de Burela farán o propio co fútbol. O CB Burela será o responsable do baloncesto, Porta Norte da ximnasia artística, o Club Balonmán Viveiro do balonmán, o Club de Tenis e Pádel Burela do tenis, e as Escolas do Deporte da patinaxe artística. A inscrición para todas estas disciplinas deberá facerse directamente a través de cada club.
Tamén o pasado 22 de setembro deu comezo tamén a actividade de envellecemento activo, que consiste en sesións de ximnasia de mantemento para persoas maiores de 60 anos.
Do mesmo xeito, esta fin de semana a programación deportiva local ofrecerá varias citas de interese. O Pavillón Vista Alegre acollerá encontros de fútbol sala do CD Burela FS, tanto na categoría infantil fronte ao Atlético Benavente como no senior masculino contra o Avanza Jaén, ademais de dous partidos de baloncesto cadete, do Frigomar Burela contra o CB IES Sanxillao e o CB Academia A Mariña contra o Maristas Lugo. No Anexo a Marosa disputaranse dous partidos de fútbol, con enfrontamentos dos equipos infantil e cadete do SD Burela fronte ao RC Vilalbes e á SD Ribadeo, e completarase a xornada cun partido de Veteranos Burela contra A Canteira.
O concelleiro de deportes, Carlos Méndez Pena, destacou que “con esta programación o Concello de Burela ofrece unha ampla variedade de opcións deportivas para todas as idades, fomentando hábitos saudables e o deporte en comunidade”.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



