Reclama a colaboración da veciñanza para que non se repitan episodios como o que se está a dar na avenida de Lourdes, onde se está a elaborar un mural urbano
Viveiro, 26 de setembro de 2025. O Concello de Viveiro reitera que o abandono de residuos voluminosos, como mobles, colchóns ou electrodomésticos, na rúa está prohibido pola Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos. Este recordatorio faise con motivo dos depósitos indebidos detectados os últimos días no treito da avenida de Lourdes onde se está a executar un mural urbano que debe preservarse en bo estado. Estes depósitos indebidos están a impedir tanto a continuidade dos traballos de pintura do mural como o acceso dos camións de recollida do lixo, polo que se solicita expresamente que se respecte o espazo para o axeitado desenvolvemento de ambas tarefas.
Segundo a Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos, as persoas que depositen voluminosos na rúa sen autorización poderán ser sancionadas. As infraccións leves levan aparelladas multas de ata 750 euros, mentres que as graves poden ascender ata os 1.500 euros no caso de reincidencia ou se se ocasiona un risco para a saúde pública ou o medio ambiente. O Concello xa ten previsto iniciar a imposición de sancións a quen incumpran a normativa.
O Concello pide a colaboración da veciñanza para que non se depositen voluminosos en espazos non habilitados. Lémbrase que esta práctica está prohibida e que respectar a normativa é fundamental para garantir a limpeza, preservar o espazo público e manter en bo estado as intervencións artísticas que se desenvolven en Viveiro.
Ademais, desde o goberno local lémbrase que existen servizos municipais e puntos autorizados para a correcta xestión destes residuos. A veciñanza pode solicitar a recollida de obxectos voluminosos a domicilio, de xeito gratuíto, mediante aviso previo no teléfono 697 162 637. Tamén poden entregarse no Punto Limpo municipal, situado en A Patarroa–Escourido (Covas).
























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



