Mondoñedo, 9 de setembro, 2025. O Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo acolleu a presentación do II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, dotado con 5.000 euros.
Asistiron o alcalde da cidade, Manuel Otero Legide, o concelleiro de Cultura da localidade, Alberto García Fernández, o director xeral de Galaxia como editora que publica os textos galardoados, Marcos Calveiro, e mais o coordinador de Actividades e Publicacións da CMAC, Armando Requeixo.
O veredicto do xurado darase a coñecer nun acto público arredor do 22 de decembro, natalicio de Álvaro Cunqueiro.
BASES