Ribadeo incorpora un novo punto de recarga ultrarrápida impulsado por Iberdrola e CLUN
Lugo, 29 de outubro de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, participou hoxe no acto de inauguración da electrolinera CLUN Ribadeo de Iberdrola BP pulse, unha nova infraestrutura de recarga ultrarrápida que permite abastecer simultaneamente ata oito vehículos eléctricos —dous puntos de 360 kW e seis de 180 kW— cun tempo estimado de recarga de entre 12 e 25 minutos.
Durante o acto, no que tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde de Ribadeo, Daniel, ademais de representantes de Iberdrola e CLUN, a a subdelegada do Goberno destacou que proxectos como este “reflicten o avance da mobilidade eléctrica en Galicia e o compromiso crecente do tecido económico e social coa sustentabilidade”.
López sinalou que “o Goberno de España continúa impulsando medidas que favorecen este tipo de iniciativas, a través do Plan de Recuperación, do PERTE do Vehículo Eléctrico e Conectado e do Plan MOVES, que están a consolidar unha rede de recarga moderna, extensa e accesible”.
Nesta ocasión, felicitou tanto a Iberdrola como a CLUN “por poñer en marcha esta infraestrutura en liña cos principios que comparte o Goberno de transformación verde e sostible, nun lugar estratéxico tanto para a provincia como para toda Galicia”.
A subdelegada subliñou que a transición ecolóxica é “un proceso compartido, no que administracións, empresas e cidadanía teñen un papel esencial” e engadiu que Galicia “está a avanzar con decisión cara a un modelo de mobilidade máis limpa, que combina innovación, eficiencia e respecto polo medio ambiente”.
Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias Arias valorou a entrada en funcionamento desta nova dotación con cargadores ultrarrápidos, “que amplía a oferta de servizos nun punto estratéxico de comunicacións na A Mariña e achega novas oportunidades de negocio a nivel local”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



