O Deputado de Promoción Económica e Social presentou este luns a cita de referencia para o sector que se celebrará o 13 e o 14 de novembro na Facultade de Veterinaria de Lugo
Lugo, 27 de outubro de 2025. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, xunto ao presidente de Seragro, Víctor Manuel Manrique Arroyo, presentou este luns na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a vixésimo segunda edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite. Esta cita, de referencia para o sector e organizada por esta entidade, terá lugar o 13 e o 14 de novembro na Facultade de Veterinaria de Lugo. A institución provincial colabora co evento, que reunirá a máis de 700 profesionais -entre gandeiros, técnicos e expertos do sector-, cunha achega económica de 12.000€.
Rivera Capón puxo en valor estas xornadas “porque ofrecen algo que o sector valora especialmente: información rigorosa, formación práctica e visión de futuro”. Nesta liña, destacou a “profunda transformación que está a vivir con novas normativas ambientais, maiores esixencias en materia de benestar, avances tecnolóxicos e unha competencia crecente”.
“O sector primario é estratéxico para o futuro da provincia e cada decisión que tomamos vai orientada a acompañalo e fortalecelo. Facémolo apoiando iniciativas como estas, que fan máis forte o tecido produtivo, e facémolo tamén a través de proxectos propios como a Granxa Gayoso Castro e o Centro Experimental de Leite, que están pensados para aportar innovación, coñecemento, servizos e aforro aos gandeiros e gandeiras da provincia”, resaltou.
Pola súa banda, o presidente de Seragro agradeceu o apoio da institución provincial e destacou que “o obxectivo é promover un foro de convivencia, formación e debate sobre as últimas novidades relacionadas coa gandería de produción de leite e dirixido a todas aquelas persoas que traballan no sector”. Destacou tamén que participarán técnicos de prestixio nacional e internacional.
Programa
13 de novembro
10:00 horas: Inauguración.
10:30 horas: O sector galego: situación actual e transformacións recentes – José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega, A Coruña.
11:00 horas: Principios básicos de ventilación e orientación de naves de recría – Felipe Fraga Martínez, Servizo de Recría de Seragro SCG.
11:30 horas: O comezo define o futuro: enfermidades en idades temperás e a súa pegada permanente – Laura Molina Moreno, profesora asociada na Facultade de Veterinaria de Córdoba.
12:00 horas: Pausa do café.
12:30 horas: A recría en Finca Fonteboa – Sandra Mella Ríos, empregada de Finca Fonteboa, Frades (A Coruña).
13:00 horas: Recría: a base do futuro – Ares Rubies Corrales, auxiliar veterinaria; xestión e formación de persoal na recría na Granxa San José, Huesca.
13:30 horas: Xantar.
15:30 horas: Great People, Great Cows, Great Returns [Grandes persoas, grandes vacas, grandes ganancias] – Jordan T. Masthtews, socio de Rosy Lane Holsteins LLC, Wisconsin (EE. UU.).
16:15 horas: A reprodución en vacas de leite: cando é o mellor momento para inseminar? – Sonia Rodríguez Pazos, Servizo de Reprodución de Seragro SCG.
16:45 horas: Efecto do tipo de muxido no pico de produción e os compoñentes do leite en vacas leiteiras – Liliana Fadul, analista de datos de Lactanet.
17:15 horas: Como optimizar a alimentación en sistemas de muxido robotizado. Claves e consellos para unha xestión eficiente – Miguel Iglesias Naredo, Xefe de Produto Vacún de Leite de Deheus.
17:45 horas: Encontro gandeiro.
14 de novembro
11:00 horas: O marco laboral no sector agrario e gandeiro: da norma á práctica – María Jesús Asorey Cea e Noa García Rey, AUSUM, Asesores e Avogados.
11:30 horas: Caderno de Campo e obrigas medioambientais – Víctor Novo Vázquez, Xefe do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia.
12:00 horas: Revisión de lotes? – Javier Fernández López, Servizo de Podoloxía de Seragro SCG.
12:30 horas: Pausa do café.
13:00 horas: Saúde podal: o cambio de paradigma na prevención – Arturo Gómez, veterinario consultor, integrante do equipo de Investigación e Desenvolvemento de Zinpro.
13:30 horas: Tecnoloxía e intelixencia natural no sector gandeiro – Javier Bueno Lema, profesor titular na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Campus Terra USC.
14:00 horas: Xantar.
16:00 horas: Gandaría Liste, xestión das forraxes con maquinaria propia – Carlos Liste Pose, socio de Gandaría Liste SL, Trazo (A Coruña).
16:30 horas: Lodos e Pérez, producir forraxes sen maquinaria – Juan Carlos Lodos Pérez, socio de SAT Lodos e Pérez, A Pastoriza (Lugo).
17:00 horas: Intelixencia artificial na granxa: como os datos transforman o sector leiteiro – Pol Lungh Olbols, profesor universitario e investigador, experto independente na Plataforma Benestar Animal do Consello Europeo.




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



