Burela, 15 de outubro, 2025. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela presentaron unha nova edición do “Camiño Gastronómico do Mar”, unha iniciativa gastronómica que mantén o dobre obxectivo co que se lanzou hai xa seis anos: fomentar o consumo de peixe e promocionar o “Camiño do Mar”.
O acto tivo lugar no Salón de Actos de Armadores de Burela e estivo presidido pola conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, coa representación de varios dos concellos polos que discorre a acción, como Foz, Burela, Xove, Ortigueira ou Mañón; entidades relacionadas co mar, como a Fundación Expomar, o Galp A Mariña Ortegal e representantes das frotas do porto de Burela e outras asociacións pesqueiras do norte de Galicia.
No acto tamén estivo presente a Asociación Cociñeiros Lugo, cuxos chefs se encargan das degustacións ao final de cada etapa, e varios membros da asociación Amigos do Camiño do Mar, que participan nos roteiros semanais cada ano.
Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.
Durante sete fins de semana, do 19 de outubro ao 30 de novembro, os participantes no “Camiño Gastronómico do Mar” calzarán as súas botas para percorrer cada domingo unha etapa especial da ruta xacobea, que cruzará as comarcas da Mariña Lucense e Ferrolterra-Rías Altas pisando os quince concellos da costa norte de Galicia polos que pasa o Camiño do Mar, desde Ribadeo ata Neda, visitando cada domingo dous deles. En total serán sete etapas de aproximadamente 15 km cada unha.
Como cada ano, as inscricións deben realizarse ata o xoves de cada semana ou ata completar a cota de participantes, na páxina web www.caminogastronomicodelmar2025.com, que se desenvolveu este ano coa axuda do Galp A Mariña – Ortegal dentro das axudas do FEMPA.
O vindeiro domingo 19 de outubro celébrase a primeira das xornadas, que partirá de Ribadeo e tamén visitará o concello de Barreiros, e para a que xa se completaron as 50 prazas dispoñibles.
Seguirán as etapas de Foz-Burela o seguinte domingo día 26, Cervo-Xove o 2 de novembro, Viveiro-O Vicedo o domingo 9 de novembro, Mañón-Ortigueira o 16 de novembro, Cariño-Cedeira o domingo 23 e finalmente unha tripla etapa final, o domingo 30 de novembro, que percorrerá os concellos de Valdoviño, Narón e Neda.
O xerente da OPP Burela, Sergio López, presentou esta nova edición facendo un balance das cinco edicións anteriores e explicando que se mantén o mesmo formato dos dous últimos anos: un roteiro de andainas gastronómicas que serven para seguir promocionando o consumo de peixe como base dunha vida saudable e poñendo en valor a variedade e riqueza das diferentes especies pesqueiras de “Peixe de Burela”.
O presidente da Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, Manuel Vicente, puxo en valor que o “Camiño do Mar” é xa unha realidade como Camiño de Santiago, que este ano superará de novo as 200 credenciais, recibindo a peregrinos de ata 26 nacionalidades diferentes, polo que insistiu en concienciar a alcaldes e concellos sobre a importancia turística que ten para o norte de Galicia.
Ademais, esta campaña do “Camiño Gastronómico do Mar” está a axudar a que os propios veciños descubran recunchos do seu territorio cheos de historia polos que nunca antes camiñaran.
Finalmente, a conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, destacou a importancia da celebración de iniciativas deste tipo que apostan pola dinamización das vilas costeiras, a través do consumo de peixe e marisco e do turismo vinculado á actividade marítimo-pesqueira.
A conselleira felicitou ao porto de Burela por este tipo de accións que poñen en valor a “cultura do mar”, axuntando á promoción do Camiño de Santiago, a gastronomía local e o “Peixe de Burela”, exaltando á vez hábitos de vida saudable. Uns ingredientes que sen dúbida forman parte da “Galicia que sabe amar”.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



