Ribadeo, 27 de xaneiro de 2026. O 8 de marzo partirá de Ribadeo a quinta edición do Camiño do Mar Concello a Concello. No Pazo de Ibáñez tivo lugar esta mañá a presentación na que participar... Ler máis
Este domingo 16 de novembro terá lugar a quinta etapa do “Camiño Gastronómico do Mar 2025”, que está percorrendo os 15 concellos do norte de Galicia durante 7 fins de semana A Mariña, 14 de... Ler máis
No Salón dos Alcaldes tivo lugar a recepción aos participantes ofrecida polo alcalde, Dani Vega, pola concelleira de Turismo, Marta Saiz, e por Manuel Vicente e Sergio López, das entidades o... Ler máis
Burela, 15 de outubro, 2025. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela presentaron unha nova ed... Ler máis
Ribadeo, 13 de xaneiro de 2025. O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O Camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a asociación Amigos del Camino de... Ler máis
Burela, 11 de outubro, 2024. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, presentaron este venres... Ler máis
Ribadeo, 24 de febreiro de 2024. O vindeiro 31 de marzo partirá de Ribadeo a terceira edición da peregrinación O Camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a asociación Amigos del Camin... Ler máis
Burela, 7 de outubro, 2023. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, presentaron este sábado... Ler máis
Ribadeo, 20 de marzo de 2023. O 2 de abril dará comezo en Ribadeo a segunda edición de camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santi... Ler máis
Viveiro, 7 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro, a través da súa Concellaría de Turismo, organiza unha charla informativa sobre o Camiño do Mar. Esta actividade terá lugar o vindeiro sábad... Ler máis
Ribadeo, 29 de abril de 2022. O 8 de maio dará comezo en Ribadeo o proxecto Camiño do Mar, Concello a Concello, que organiza a asociación do mesmo nome e coa que colaboran Acisa e o Concello... Ler máis
Foz, 5 de novembro de 2021. Hoxe, venres, o Concello de Foz presentou no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño o primeiro punto no que xa se pode selar a credencial e acreditar... Ler máis




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



