Este domingo 16 de novembro terá lugar a quinta etapa do “Camiño Gastronómico do Mar 2025”, que está percorrendo os 15 concellos do norte de Galicia durante 7 fins de semana
A Mariña, 14 de novembro, 2025. O “Camiño Gastronómico do Mar” está organizado pola Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, unha iniciativa gastronómica que mantén o dobre obxectivo co que se lanzou hai xa cinco anos: fomentar o consumo de peixe e promocionar o “Camiño do Mar”, ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camiño Inglés a Compostela.
Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.
Desde o pasado 19 de outubro, os participantes no “Camiño Gastronómico do Mar” percorren cada domingo unha etapa especial da ruta xacobea, que cruza as comarcas da Mariña Lucense e Ferrolterra-Rías Altas pisando os quince concellos da costa norte de Galicia polos que pasa o Camiño do Mar, desde Ribadeo ata Neda, visitando cada domingo dous deles. En total serán sete etapas de aproximadamente 15 km cada unha.
Este domingo 16 de novembro celébrase a quinta xornada, coa que se supera o ecuador do Camiño e éntrase nos concellos da provincia da Coruña, despois de visitar xa os de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo.
Para esta próxima etapa, que percorrerá os concellos de Mañón e Ortigueira, o número de prazas xa se completou, como en todas as etapas anteriores, superando as mellores expectativas.
O presidente da Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, Manuel Vicente, resalta a elevada participación e o gran interese por participar que se percibe este ano, superando o nivel de asistencia dos anos anteriores. Desta forma, “o Camiño Gastronómico do Mar segue consolidándose, crecendo e mellorando; testemuño do valor de unir o esforzo de asociacións, institucións, sector primario, hostalería, empresas e sociedade civil. É a unión perfecta entre patrimonio, tradición e produto local”, destaca.
Pola súa banda, desde a OPP Burela seguen apostando por este peculiar formato de promoción do seu produto pesqueiro, que combina deporte, hábitos de vida saudable e gastronomía.
Ao final de cada etapa séguense degustando receitas de diferentes especies do porto de Burela, como pescada do pincho, bonito do norte, cabra de altura, peixe espada, quenlla, xurelo ou pota, en representación das súas frotas de palangre demersal, palangre de superficie e de litoral do Cantábrico, poñendo así en valor a variedade e riqueza das diferentes especies pesqueiras de “Peixe de Burela”.
Os chefs da asociación Cociñeiros Lugo encárganse cada semana de elaborar estes pratos, como Arroz seco de pota e crema de allos asados; Tintorera, pementos de Piñeira asados e ajada; Ensalada de Bonito de Burela, burrata e cherrys; Ñoquis con Pescada de Burela e pesto; Tosta de cabra de altura con pan de allo; Peixe espada con garavanzos do Bierzo e salsa mariñeira de algas; Pastelón hojaldrado de xurelo en escabeche; ou Verdina caldosa con tintorera.























A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



