Para os populares estamos ante “un novo esperpento” do goberno provincial xa que despois de poñer os medios do parque móbil provincial “unicamente a disposición dos concellos gobernados por PSOE e BNG e non permitir que pisen nin por un día máis da metade dos concellos da provincia” agora vemos “como se empregan tamén para facer favores a particulares”
Lugo, 18 de outubro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntan a José Tomé “se é coñecedor de que medios do parque móbil provincial se empregaron para asfaltar terreos de propietarios privados en Foz”.
Os deputados populares preguntan a Tomé “se ve normal” que se empreguen medios públicos de todos os lucenses para asfaltar parcelas de propietarios privados. “No caso de ter coñecemento desta situación, José Tomé debería de dar as explicacións oportunas e, no caso de non saber nada, debería de pedir contas ao deputado e alcalde de Foz, Francisco Cajoto”, ao que engaden que, “o peor sería que ambos alegasen descoñecemento da situación, polo que quedaría claro que os dous coñecían perfectamente que se estaba a realizar esta actuación totalmente irregular”.
Para os deputados do Grupo Provincial Popular o que queda acreditado é que “dende o goberno provincial empregan medios públicos para facer favores” polo que “ante a gravidade da situación queremos saber que tipo de expediente se tramitou para realizar dita actuación” polo que “se dende o goberno de PSOE e BNG non dan as explicacións oportunas, presentaremos unha iniciativa no pleno para obrigalos a que se expliquen publicamente, algo para o que chegaremos ata onde faga falta”.
Para os deputados populares esta actuación “é unha total falta de respecto” a todos os lucenses da provincia, xa que “ao uso sectario que realizan dos medios do parque móbil, unicamente poñéndoo a disposición dos concellos gobernados por PSOE e BNG e non permitir que pisen nin por un día máis da metade dos concellos da provincia, agora hai que engadir que se empregan os medios da Deputación de Lugo para actuacións en terreos privados”.
Dende o Grupo Provincial Popular tamén preguntan ao BNG “se van a seguir sendo cómplices de todas estas situacións irregulares e amparándoas co seu silencio” ou pola contra “van a dar un golpe sobre a mesa e esixir responsabilidades a José Tomé, que dende o goberno provincial, fai e desfai segundo lle apetece, sen ter en conta as necesidades de máis da metade dos veciños da provincia”.



















Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.



