O Presidente e a responsable da entidade mariñá formalizaron o acordo a través do que a institución provincial achega preto de 2.000€ para a compra media ducia de chaquetas de neopreno, co fin de garantir a seguridade e a actividade do colectivo
Lugo, 18 de outubro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a responsable da Asociación de Sendeirismo Trabada Paso a Paso, Amparo González Sanjurjo, acompañados polo Alcalde de Trabada, Rubén García Freije, asinaron un convenio de colaboración no Pazo de San Marcos. A través deste acordo, a institución provincial achega preto de 2.000€ á entidade para a adquisición de equipamento que garanta a actividade do colectivo en situacións climatolóxicas adversas.
En concreto, esta colaboración da Deputación vai permitir á asociación adquirir media ducia de cazadoras de neopreno, co obxectivo de garantir a seguridade e a comodidade dos participantes nas rutas e actividades programadas para o ano 2025, especialmente en condicións de alta humidade, baixas temperaturas ou climatoloxía adversa.
A Asociación de Sendeirismo Trabada Paso a Paso nace co obxectivo de fomentar, difundir e potenciar os deportes de montaña e as actividades ao aire libre, promovendo tamén a cultura e a educación ambiental. Durante 2025, a entidade desenvolveu un amplo programa de rutas por espazos naturais de alto valor paisaxístico, especialmente no municipio de Trabada, destacando itinerarios como a Subida ó Picato, a Fraga de Vilapena, a Ruta do Vento, o Monte Roxal-Teixido e a Fraga da Becerreira.
Estas actividades teñen un impacto directo no turismo da comarca da Mariña e na provincia, contribuíndo ao turismo activo e sostible e á promoción de hábitos saudables. Ademais, a asociación destaca pola súa capacidade técnica e organizativa, con protocolos de seguridade, planificación adaptada a diferentes niveis físicos e colaboración con guías especializados, así como pola singularidade das súas rutas interprovinciais con enfoque educativo, cultural e naturalista.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



