Burela, 19 de novembro de 2025. A Escola Municipal de Música de Burela conta con novos instrumentos e equipos técnicos adquiridos ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Burela.
O deputado de Mocidade Daniel García, o tenente alcalde de Burela Mario Pillado e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Sandra Fernández Cillero visitaron esta mañá as instalacións, onde o material está xa a disposición do persoal docente e do alumnado.
Trátase de tres violenchelos e un equipo informático con diferentes elementos de son – mesa de mesturas e micrófonos – destinados especialmente á produción musical, unha das materias coas que a escola municipal está renovando a súa oferta formativa.
O tenente alcalde de Burela Mario Pillado explicou que “a colaboración da Deputación permitiunos realizar este investimento, que amplía os medios dispoñibles para a docencia e que abre tamén a posibilidade de organizar máis actividades complementarias. Apostamos por unha Escola que sexa referente musical e tamén cultural e social de Burela, e somos conscientes de que iso require investimento e recursos”
O deputado Daniel García amosou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ao traballo do goberno municipal, comprometido cunha axenda centrada na mocidade, que valoramos especialmente porque se trata de atender as demandas e necesidades de quen construirán o futuro”
A dotación de material, que supuxo un investimento de 9.000 euros, encádrase na aposta da área de Educación e Mocidade do Concello de Burela por impulsar a actividade na Escola Municipal de Música e na Casa da Xuventude, que inclúe tamén a mellora e modernización do exterior do edificio










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



