Antonio Ameijide destaca que “grazas á presión dos autónomos e do Partido Popular logrou conxelarse o incremento as cotas anunciado polo Goberno do Estado”, o que sería un novo golpe ao emprendemento, ao comercio local, aos profesionais liberais e a miles de familias que cada mes sosteñen con esforzo a súa actividade económica
Lugo, 19 de novembro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular mantiveron unha xuntanza de traballo nas Nogais, reunión na que acordaron defender no vindeiro pleno unha iniciativa en prol da defensa dos autónomos.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destaca que “son un sector chave” dentro da economía lucense, galega e nacional polo que “temos que poñer en marcha os mecanismos de apoio e defensa que sexan posibles dende todas as administracións”.
A moción que defenderán os populares no pleno do martes contempla que a Deputación de Lugo rexeite a política fiscal impulsada polo Goberno do Estado cara aos traballadores autónomos, que nos últimos 7 anos traduciuse nunha crecente carga impositiva, incerteza e falta de estabilidade normativa, algo para o que é preciso “instar ao Goberno de España a cumprir os compromisos adquiridos cos autónomos en 2023, impulsando as reformas pendentes en materia de protección social, pluriactividade, conciliación e simplificación burocrática, e establecendo un calendario claro de seguimento e avaliación de ditas medidas, en diálogo coas principais organizacións representativas do sector”.
A realidade é que o colectivo de autónomos precisa que o Goberno central tamén poña en marcha medidas como aplicar de forma inmediata o réxime de franquía do IVE previsto pola directiva europea, que permite eximir do pago e a presentación de declaracións de IVE aos autónomos e pequenas empresas cunha facturación anual inferior a 85.000€, o que suporía un importante alivio fiscal e administrativo para o colectivo.
Antonio Ameijide recorda a importancia deste colectivo a nivel nacional, xa que en España hai máis de 3.413.000 persoas que cotizan no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, moitos deles pequenos comerciantes, hostaleiros, profesionais e emprendedores que sosteñen boa parte do tecido económico e social dos nosos municipios.
Un colectivo fundamental que “o Goberno central quere seguir castigando” algo que, confirmou Antonio Ameijide, quedou patente tralo último anuncio do executivo central de aplicar unha nova subida das cotas que deben abonar os traballadores autónomos á Seguridade Social a partir de 2026 que, segundo a proposta trasladada polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, suporía un aumento nas cotas anuais de entre 200 e 2.500€.
Antonio Ameijide afirma que “non é o momento de castigar máis ao tecido produtivo, senón de acompañar, facilitar e protexer a quen mantén a actividade económica en momentos de incerteza tanto nas grandes como nas pequenas e medianas localidades do noso territorio” algo para o que a Deputación de Lugo “non pode permanecer allea a esta ameaza para tantos veciños e veciñas que son autónomos, e debe expresar de forma clara o seu rexeitamento ao inferno fiscal e burocrático que se inflixiu aos cidadáns desde o Goberno de España e o seu apoio a quen co seu traballo diario sosteñen a economía local”.
O voceiro provincial popular destaca que “grazas á presión dos autónomos e do Partido Popular logrou conxelarse este incremento” que sería un novo golpe ao emprendemento, ao comercio local, aos profesionais liberais e a miles de familias que cada mes sosteñen con esforzo a súa actividade económica.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



