Aprobada a asistencia técnica para o estudo e o proxecto construtivo
Madrid, 29 de xaneiro, 2026. O Consello de Administración de Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), entidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, autorizou a adxudicación do contrato de asistencia técnica para elaborar o estudo de alternativas, os estudos ambientais e o proxecto construtivo do novo sistema de saneamento e depuración de Barreiros.
IDOM, empresa seleccionada
Seis empresas presentaron oferta e finalmente resultou adxudicataria IDOM Consulting, Engineering, Architecture, S.A.U., cun orzamento de 304.920 euros e un prazo de execución de 10 meses.
Un paso clave para modernizar o saneamento
A adxudicación supón un avance decisivo nunha actuación que permitirá dotar Barreiros dun sistema de saneamento e depuración axeitado ás necesidades actuais e futuras dun municipio que experimentou un forte crecemento urbanístico nos últimos anos.
Nova depuradora e reconversión de instalacións
O proxecto prevé a construción dunha nova EDAR en San Miguel de Reinante e a transformación das EDAR de Santiago de Reinante e Sarxende en estacións de bombeo de augas residuais (EBAR).
Estas instalacións enviarán o caudal á nova depuradora e disporán de tratamento previo de sólidos e graxas, así como dun tanque de tormentas para regular os caudais en episodios de choiva.
Tamén se contempla unha nova impulsión de augas residuais e un colector por gravidade para conducir o caudal desde a nova EBAR de Reinante ata a futura EDAR.
Convenio previo para executar as obras
Unha vez aprobado o proxecto construtivo, será necesaria a sinatura dun convenio de colaboración entre o MITECO e o Concello de Barreiros para fixar as condicións de financiamento, execución e explotación da actuación.
Posteriormente, estas condicións recolleranse nun convenio particular entre ACUAES e o Concello, requisito previo á licitación das obras.




















Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



