Burela, 29 de xaneiro, 2026. João Miguel Santos Rodrigues da Silva (Santarém, 19-06-1992), coñecido deportivamente como João Silva, porteiro do Reyco Burela xunto a Starna durante a primeira volta, non continuará no equipo no que resta de tempada.
O gardameta, de 33 anos, formouse no CAS Vicentense e, en categoría xuvenil, fichou polo Achete durante dúas tempadas, incorporándose posteriormente ao Portela por outras dúas. Na campaña 14/15 xogou no Quinta dos Lombos, onde pechou a súa etapa en segunda división antes de dar o salto á primeira co Belenenses, club no que permaneceu unha tempada e media. Na 16/17 pasou polo Marítimo e posteriormente pola liga armenia co Leo Futsal Club.
De regreso a Portugal, incorporouse ao Ferreira do Zêzere por unha tempada e máis tarde ao Portimonense, onde xogou dúas campañas e contribuíu ao ascenso do equipo á primeira división na 18/19. Mantívose na máxima categoría ata a actualidade, fichando na 20/21 polo Viseu 2001/Palácio do Gelo e probando no Torreense na 21/22 antes de regresar ao Portimonense a media tempada.
Na 22/23 incorporouse ao Eléctrico FC e na 23/24 decidiu volver a competir fóra do país, primeiro na liga maltesa co Luxor St. Andrews e despois no Ribera Navarra, xa en España. Na pasada campaña comezou no Sport Club Lusitânia dos Azores e finalizou o curso na República Checa co SK Interobal Plzen.
O club agradece o traballo realizado nesta etapa e deséxalle moita sorte no futuro.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.


