A campaña de visibilidade de AciaFozCCA, logrou involucrar a 50 establecementos da localidade e superar o millón de visualizacións en redes sociais, combinando vídeos de 90 segundos con reportaxes escritas que puxeron en valor ás persoas e proxectos que sosteñen o tecido comercial de Foz
Foz, 26 de febreiro, 2026. AciaFozCCA pechou a campaña de visibilidade “Compra Aquí” cun balance moi positivo tras tres meses de difusión, entre novembro e xaneiro, acadando máis dun millón de visualizacións nas redes sociais e consolidando unha estratexia de comunicación centrada no comercio de proximidade.
A campaña combinou a información tradicional escrita con contidos audiovisuais que reforzaron a mensaxe e permitiron incrementar de xeito notable o alcance, a interacción e a participación do público.
En total, 50 establecementos de Foz participaron nesta iniciativa, amosando a diversidade do tecido económico local: tendas de proximidade, comercios especializados, restaurantes, asesorías, clínicas e outros negocios de servizos. Todos eles formaron parte dunha acción pensada para dar visibilidade aos proxectos empresariais e, sobre todo, ás persoas que están detrás.
A campaña articulouse a través de pezas audiovisuais duns 90 segundos de duración, acompañadas de reportaxes individuais escritos, acadando un impacto de máis de 1,3 millóns de visualizacións e un alcance destacado no ámbito dixital. Uns datos que confirman o interese polos contidos de proximidade e polo coñecemento das historias reais do comercio local.
Desde AciaFozCCA salientan que a combinación de contidos escritos e audiovisuais permitiu contextualizar cada proxecto comercial, explicar o seu valor engadido e achegar información útil ao público, contribuíndo a unha comunicación máis completa, rigorosa e adaptada aos novos hábitos de consumo dixital.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, valorou moi positivamente os resultados da campaña: «Con ‘Compra Aquí’ demostramos que o comercio local ten moito que contar. A combinación de texto e vídeo permitiunos chegar a moita xente e crear unha conexión real co público».
E engadiu: «Non se trata só de vender, senón de poñer en valor ás persoas que sosteñen a economía local e que apostan cada día por Foz».
Desde a asociación subliñan que iniciativas como “Compra Aquí” contribúen a reforzar a identidade comercial do municipio e abren a porta a novas campañas baseadas nunha comunicación próxima, humana e adaptada aos novos formatos dixitais.




















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



