O investimento total é de 302.185 euros, procedentes integramente do remanente municipal, e que abrangue tamén os traballos tamén en execución na Rúa Rosalía de Castro
Cervo, febreiro do 2026. O Concello de Cervo continúa a avanzar no seu compromiso coa mellora dos espazos públicos e coa modernización do núcleo urbano de San Cibrao coa execución das obras de renovación da Rúa do Farillón, unha actuación clave dentro da estratexia municipal para facer unha vila máis accesible, segura e pensada para as persoas.
Esta intervención responde á vontade do Goberno local de actuar de maneira planificada e sostible sobre aquelas infraestruturas urbanas que presentaban un maior grao de deterioro, dando resposta ás demandas da veciñanza e mellorando a calidade de vida no día a día. A actuación na Rúa do Farillón permite renovar pavimentos, mellorar a accesibilidade e reforzar a seguridade viaria nunha vía de uso habitual tanto para peóns como para vehículos.
Os traballos inclúen a mellora das beirarrúas e da calzada, a renovación da sinalización e do mobiliario urbano, así como actuacións nas redes de servizos que se atopaban afectadas polo paso do tempo, garantindo solucións duradeiras.
A alcaldesa de Cervo, que visitou a zona acompañada do edil Adrián Arias, destacou que “esta actuación responde á nosa filosofía de investir con responsabilidade os recursos municipais para mellorar os espazos públicos e facelos máis accesibles, seguros e funcionais para a veciñanza”.
A rexedora subliñou que “apostamos por un modelo de vila máis humana, moderna e sostible, no que as actuacións urbanas non sexan só estéticas, senón intervencións de fondo que resolvan problemas estruturais e melloren a vida diaria das persoas”.
Así mesmo, incidiu en que “o investimento na Rúa do Farillón, xunto con outras actuacións en San Cibrao, responde a unha planificación global que nos permite avanzar paso a paso na transformación do noso municipio, aproveitando ao máximo os recursos propios do Concello”.
As obras da Rúa do Farillón forman parte dun investimento total de 302.185 euros, financiado integramente con cargo ao remanente municipal, que inclúe tamén a renovación da Rúa Rosalía de Castro.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



