Madrid, 5 de febreiro, 2026. O senador socialista César Mogo considera que os representantes do PP por Lugo continúan acumulando erros e “meteduras de pata” nos seus intentos por aparecer a diario nos medios de comunicación, desta vez a conta da situación da Casa Cuartel da Garda Civil do Valadouro.
Mogo lembra que, hai case un ano, os populares xa retorceran o sentido dunha resposta do Goberno, presentando como un compromiso concreto o que só era unha afirmación xenérica. Agora, afirma, repiten o mesmo patrón ao rexistrar unha Moción na Comisión de Interior cunha proposta económica “claramente insuficiente” para acometer a reparación integral do cuartel.
Na iniciativa presentada o 13 de xaneiro, o PP solicita 190.000 euros para executar as obras. Porén, apenas unhas semanas despois, nun informe solicitado polos propios senadores populares, o Goberno estima que o custo real da actuación ascendería a 520.000 euros. “Falando claro —sinala Mogo—, piden unha cantidade que non chega nin para comezar unha reparación en condicións”.
O senador socialista critica que esta non é a forma de traballar no Senado e reclama “rigor e seriedade” fronte ás “chapuzas e frivolidades” que, ao seu xuízo, só xeran confusión tanto entre os membros da Garda Civil como entre os veciños do Valadouro.
Mogo subliña que a Casa Cuartel precisa unha reparación integral, tal e como recolle o informe oficial, pero insiste en que o solicitado polos parlamentarios do PP “non se achega nin de lonxe ao necesario”. Ao seu entender, os populares continúan acumulando “erros e despropósitos” na súa “desesperación por saír nos medios a conta de todo”.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



