Lugo, 31 de marzo de 2026. O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en defensa da autonomía e do financiamento dos concellos e das deputacións galegas fronte ao Anteproxecto de Lei de Administración Local de Galicia (ALALG). A iniciativa contou cos votos favorables de PSdeG e BNG e o voto en contra do PPdeG.
A Presidenta da Deputación, Carmela López, advertiu antes da sesión que “si que podemos coller máis competencias, pero teñen que ser financiadas”, subliñando que o texto non garante recursos para asumir novas obrigas. O deputado Pablo Rivera Capón defendeu a postura provincial, centrada en cuestións de fondo: quen decide, quen paga e quen responde ante a cidadanía. A Deputación pide retirar ou reformular substancialmente o documento antes da súa tramitación parlamentaria.
Rivera recoñeceu a necesidade de actualizar unha lei vixente desde 1997, pero advertiu de que o anteproxecto “non fortalece o municipalismo: tutela, recentraliza e traslada responsabilidades sen garantir financiamento”. Criticou tamén o proceso de elaboración da norma, que cualificou de “mal tramitado” por non contar coa participación efectiva de concellos e deputacións nin cumprir coa consulta pública previa.
Defensa do modelo territorial galego
A Deputación expresou a súa preocupación pola eliminación de referencias a parroquias e comarcas e pola indefinición competencial, que podería afectar especialmente aos concellos pequenos ao limitar a súa capacidade real de decisión. Reclamouse respecto á Carta Europea de Autonomía Local e participación cidadá en calquera proceso de fusión municipal.
Financiamento e Fondo de Cooperación Local
O Goberno provincial criticou que o anteproxecto implique “máis obrigas coa mesma carteira”. Sobre o Fondo de Cooperación Local, denunciou que a creación de subfondos condiciona na práctica o acceso aos recursos e dificulta a planificación anual.
A Deputación presentou 20 alegacións, aprobadas no Pleno, e reiterou a súa vontade de diálogo institucional. Avanzouse unha reunión bilateral Xunta–Deputación para abordar as propostas “punto por punto”.
Nova ordenanza dos Centros de Atención a Maiores
O Pleno aprobou tamén a nova ordenanza que regula o acceso, prezos públicos e réxime interno dos Centros de Atención a Maiores da Deputación. O obxectivo é un sistema máis xusto, adaptado á realidade social e territorial da provincia, reforzando criterios de acceso, simplificando trámites —que pasan a ser xestionados pola Deputación— e aplicando un modelo de pagamento progresivo segundo ingresos e patrimonio.
A normativa introduce novidades como:
• maior peso da proximidade ao centro,
• valoración de vínculos afectivos e non só familiares,
• incorporación da soidade non desexada como criterio,
• puntuación adicional para persoas que viven en contornos rurais afastados.
O prezo público actualízase tras oito anos sen revisión, mantendo un mínimo vital para gastos propios e aplicando unha táboa redistributiva progresiva que favorece rendas baixas e medias. “Ninguén debe quedar fóra dun servizo esencial por non ter recursos”, afirmou Rivera.
Moción contra a guerra
O Pleno aprobou tamén unha moción socialista contra a guerra, defendida por Xosé María Arias, co apoio de PSdeG e BNG e a abstención do PPdeG. A Deputación expresa o seu rexeitamento a calquera conflito bélico, reclama o cesamento inmediato das hostilidades e manifesta solidariedade coas vítimas civís, defendendo a vía diplomática como única saída.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



