Ameijide denuncia que “José Tomé segue instalado no insulto e négase a aplicarse a si mesmo o que esixía aos demais, porque mentres pedía dimisións nas filas do PP por situacións semellantes, agora xa absoltas, négase a dimitir como el mesmo reclamaba”
Lugo, 31 de marzo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que o goberno de PSOE e BNG siga a amparar “as presuntas conductas” de José Tomé ao negarse a esixir tanto ao ex presidente como ás mulleres que taparon os presuntos feitos, Pilar García Porto e Lara Méndez, que se afastasen da política.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, lamenta que dende o goberno provincial se negasen a esixir a José Tomé, Pilar García Porto e Lara Méndez que se apartasen de forma definitiva da vida política.
O voceiro popular recordou como “a situación mudou notablemente” dende que se reprobou a José Tomé no pleno da Deputación, xa que “agora ten abertas dilixencias penais por parte da Fiscalía por un presunto delito de acoso sexual”.
“A realidade é que o PSOE están intentando branquear e normalizar uns feitos que inclúen o presunto ofrecemento de postos de traballo a cambio de sexo”, denunciou.
Antonio Ameijide foi especialmente duro con PSOE e BNG. “Cando tiveron que escoller entre defender a unha muller ou a un presunto acosador, escolleron ao presunto acosador”, criticou.
Ademais, o popular acusou aos deputados do BNG de manter o seu apoio a Tomé, por “negociar nos pasillos con el mentres facían un paripé ante os medios de comunicación dicindo que non se sentarían nas xuntas de goberno mentres as presidise”.
Antonio Ameijide recordou como o PSOE segue amparando a Tomé á fronte do Concello de Monforte e sinalou como a oferta do PP para apartar a Tomé da alcaldía segue vixente. “Os votos dos concelleiros do PP seguen dispostos para apoiar a calquera candidato alternativo que propoña o PSOE para realizar unha moción de censura mañá mesmo”, sinalou.
ACTUALIZACIÓN DAS ORDENANZAS DE VÍAS
Antonio Ameijide tamén lamentou que tanto PSOE como BNG se negasen a aplicar beneficios fiscais ou bonificacións nas taxas que pagan os Concellos por realizar obras nas zonas contiguas ás estradas provinciais ou para o aproveitamento de bens de dominio público provincial que sexan necesarias para prestar servizos públicos de competencia municipal.
O voceiro popular sinalou a necesidade de “poñer en marcha o procedemento para modificar as ordenanzas fiscais reguladoras” porque, nos termos actuais, “supón un elevado custo aos Concellos á hora de acometer obras en zonas contiguas ás estradas provinciais como poden ser acometidas de auga potable”.
Esta situación pode supoñer, incluso, que as entidades locais teñan que, en ocasións, decidir non executar actuacións de interese para os veciños e veciñas “polo sobrecuste que supón esta taxa, chegando incluso a case superar o pago desta taxa o custe da propia intervención”.
A realidade é que “un número importante dos expedientes tramitados pola Deputación de Lugo no marco destas ordenanzas fiscais corresponden a liquidacións practicadas a Concellos, con elevados importes, por unha utilización, obra ou aproveitamento necesario para promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúen a satisfacer as necesidades dos veciños e veciñas”.
Os deputados do Grupo Provincial Popular xa propuxeran no pleno ordinario de decembro de 2015 modificar ambas ordenanzas fiscais reguladoras vixentes: a da taxa por autorizacións de obras e outros aproveitamentos situados en zonas contiguas ás estradas provinciais da Excma. Deputación Provincial de Lugo modificada por última vez en 1994 e a da taxa pola autorización privativa ou o aproveitamento especial dos bens de dominio público provincial da Excma. Deputación Provincial de Lugo modificada por última vez no ano 1998.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



