O evento busca consolidar o concello como plataforma de exhibición para o mundo da ilustración e da edición de arte, así como ofrecer un entorno no que mostrar as obras dos creadores
Navia, 27 de marzo de 2026. O Concello de Navia, a través da súa área de Cultura, anuncia a celebración da III Feira de Ilustración de Navia (IN). Este encontro, que terá lugar o último fin de semana de abril no emblemático edificio do Casino, nace co obxectivo de achegar a arte visual á sociedade e ofrecer un espazo de intercambio profesional entre artistas, coleccionistas e público xeral.
A feira permite que ilustradores, talleres e galerías mostren a súa produción e establezan contactos directos co mercado da arte.
Poderán participar todos aqueles artistas e profesionais dedicados á ilustración en calquera das súas vertentes. O prazo para presentar propostas remata o próximo 7 de abril ás 20:00 horas. As solicitudes deben enviarse por correo electrónico á dirección ilustracionnavia@gmail.com (sen acento), incluíndo:
• Curriculum vitae ou traxectoria do proxecto (arquivo de texto, NON PDF).
• Descrición do proxecto gráfico que se presenta (máximo 10 liñas, arquivo de texto).
• 1 fotografía do taller ou do ilustrador traballando (formato JPEG, mínimo 150 ppp).
• Un mínimo de 8 fotografías da obra que se quere mostrar na Feira.
Un xurado de recoñecido prestixio dentro do mundo da arte será o encargado de seleccionar os expositores segundo criterios de calidade e interese. A listaxe de admitidos farase pública o 10 de abril.
O público poderá gozar da exposición e das visitas guiadas durante toda a fin de semana do 25 e 26 de abril:
• Sábado 25 de abril: de 11:30 a 14:45 h e de 16:30 a 21:00 h.
• Domingo 26 de abril: de 11:30 a 20:00 h (horario ininterrompido).
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa coordinación do evento no teléfono 673 443 132 (Marta Fermín).






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



