Ribadeo, 27 de marzo, 2026. Este domingo 29 de marzo, ás 19:00 horas, o Auditorio Hernán Naval acollerá a representación de Cousas, de Castelao, a cargo da compañía Os Quinquilláns. Con esta función, a Agrupación Cultural Francisco Lanza pon fin á exposición Sempre en Galiza. 1944-2024, que aínda pode visitarse na Oficina de Turismo de Ribadeo. Tanto a mostra como a obra teatral contan co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Sobre a obra
Os Quinquilláns celebran o Ano Castelao cunha versión divertida e dinámica de Cousas, na que se manteñen os grandes temas do autor rianxeiro: ecoloxía, solidariedade, emigración ou xustiza social.
O burro retranqueiro dun dos contos —trasunto do propio Castelao— serve de fío condutor entre escenas tan coñecidas como O pai de Migueliño, A Marquesiña, O escuro caletre de Martiño ou Aínda eu non nascera.
A montaxe transita entre a traxedia, a comedia e a farsa, respectando a lingua, a época e o ambiente do Rianxo natal dun autor marcado pola súa sensibilidade artística e social.
No apartado musical, José Luis Pico Orjais, responsábel do Fondo Local de Música de Rianxo, incorpora un tema de Aida Saco e pezas vinculadas a Castelao, como o Alalá do mozo —interpretado na estrea en Bos Aires de Os vellos non deben de namorarse— ou unha muiñeira cantada polo propio Castelao a Jesús Bal y Gay e recollida no seu cancioneiro.
Ficha técnica
• Autor orixinal: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
• Adaptación do texto: Lucho Penabade e Tero Rodríguez
• Elenco: Lucho Penabade e Tero Rodríguez
• Escenografía, atrezzo e iluminación: Pepe Penabade e Xosé Vizoso
• Vestiario: Olga Vieites
• Espazo sonoro: Orjais
• Produción e dirección: Lucho Penabade e Tero Rodríguez


























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



