Irene Trapote e Sergio Marey traballan man a man coas redeiras de Burela para crear unha peza para o Museo do Mar de San Cibrao
Burela, 23 de marzo de 2026. A creación contemporánea e o coñecemento artesanal das redeiras de Burela conxúganse no proxecto artístico “Facer territorio atando cabos” de Irene Trapote e Sergio Marey, impulsado pola Rede Museística Provincial.
A deputada de Cultura Iria Castro, o tenente alcalde de Burela Mario Pillado e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Sandra Fernández Cillero, acompañados pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago, visitaron esta mañá a nave de redes do porto de Burela, onde artistas e redeiras comparten xornadas de traballo co obxectivo de crear unha obra artística.
O proxecto concibe o proceso creativo como un acto de escoita e produción conxunta no que a artista e as redeiras traballan en horizontalidade, e que contará con diferentes fases. A primeira, que se desenvolve nestes días, céntrase na recollida de testemuños orais e documentación gráfica e audiovisual. As redeiras tamén poderán participar na creación e produción da peza final, que se inaugurará o 17 de xuño no Museo do Mar de San Cibrao.
O proxecto reivindica o valor dos oficios feminizados, historicamente relegados ao ámbito doméstico ou considerados “complementarios”, e propón unha lectura feminista do traballo manual vinculado ao mar. As redeiras aparecen como portadoras dun coñecemento artesanal que forma parte do ADN cultural e emocional da Mariña.
Enmárcase dentro do programa “Soterradas” da Rede Museística , que inclúe diversas intervencións artísticas e proxectos expositivos centrados en visiblizar vidas, historias e prácticas silenciadas, fundamentalmente femininas, nos museos provinciais.























A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



