O delegado territorial, Javier Arias, explica que forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública para o primeiro semestre do ano
Lugo, 23 de marzo de 2026. A Xunta organiza seis cursos con 143 prazas para persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil nos municipios do Vicedo, Quiroga, Vilalba e Triacastela.
O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explica que forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para o primeiro semestre do ano.
A primeira actividade comezou xa no Vicedo, que acolle dende o sábado 21 de marzo un curso básico de Protección Civil que se impartirá en dúas fins de semana (comezou a pasada e completarase os próximos sábado 28 e domingo 29). Este tipo de cursos ofrecen ao persoal de novo ingreso a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de Protección Civil.
Tamén se ofrecerán dous cursos presenciais de prevención e loita contra os incendios urbanos e forestais, nos municipios do Vicedo – do 10 ao 19 de abril- e Triacastela – do 15 ao 24 de maio -.
Por outra banda, haberá dúas accións formativas sobre desfibrilación externa semiautomática en Vilalba – o 25 de abril – e Quiroga – o 30 de maio -. O obxectivo é adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médica. Tamén acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.
Así mesmo, Quiroga acollerá do 20 de abril ao 11 de maio un curso semipresencial sobre accidentes na estrada, que terá unha parte en liña a través da plataforma de formación da Agasp. A finalidade é preparar aos voluntarios para a intervención en accidentes de tráfico.
A Agasp é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia e tamén dos servizos de emerxencias. Ofrece cursos con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario para garantir a seguridade da cidadanía galega.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



