Burela, 24 de marzo, 2026. A Asociación Esperanza, dedicada á loita e apoio contra o cancro, celebrou o pasado venres 20 a súa Asemblea Xeral Anual, na que as persoas asistentes aprobaron por unanimidade todos os puntos da orde do día.
Durante a sesión presentouse o balance económico de 2025 e o resumo das actividades realizadas ao longo dese ano. Tamén se avanzaron as liñas de traballo previstas para 2026, que manterán unha estrutura moi similar á do exercicio anterior.
Acordo principal: incremento das axudas á investigación
O punto máis destacado da reunión foi a aprobación das axudas económicas que Esperanza destinará en 2026 a entidades e proxectos dedicados á investigación, prevención, diagnose e tratamento do cancro, así como ao apoio a persoas e familias afectadas pola enfermidade.
En total, a asociación incrementa a contía destinada a proxectos de investigación, pasando de 8.500 a 13.000 euros.
Reparto das axudas aprobadas
• Proxecto Zebraglio2020 (HULA + USC): 3.000 €. Xa entregados nun acto celebrado o 7 de febreiro na Casa da Cultura.
• Fundación Quiroga Piñeiro (Centro Oncolóxico de Galicia): 2.000 €
• Asociación SOMOS Unidos por el Cáncer (Lugo): 2.000 €
• Grupo Español de Investigación en Cáncer de Mama (GEICAM): 1.500 €
Novos proxectos que recibirán apoio (1.500 € cada un)
1. Proxecto VERO – Hospital de Ourense
“Valor pronóstico y predictivo de respuesta del microambiente del cáncer gástrico en personas jóvenes”
Investigadora principal: Ana Fernández Montes.
2. Estudo sobre microbiota, minerais e cancro de mama – HULA
En fase avanzada, actualmente no proceso de recrutamento de pacientes.
Investigador principal: Ignacio Fernández Sobrado.
3. Proxecto sobre microambiente tumoral e resposta ao tratamento no cancro de páncreas – IDIS (Santiago)
Líder do proxecto: Jorge Barbazán García.
As axudas serán entregadas nas próximas semanas, agás a correspondente ao proxecto Zebraglio2020, xa formalizada.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



