O proxecto desenvolverase en instalacións xa existentes e centrarase na xestión de envases plásticos reutilizables danados e outros de similar composición para a fabricación de novos produtos do mesmo material
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026. A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental a un proxecto para a valorización de residuos non perigosos -envases plásticos- no concello lucense de Muras.
Segundo se conclúe no informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia, non son previsibles efectos adversos significativos derivados do proxecto, sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada, como na propia resolución autonómica.
Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, ao tempo que foron consultados un total de dez organismos interesados.
Froito desas consultas, realizaron a valoración correspondente e estableceron condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
Neste sentido, esas avaliacións consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación a aspectos tales como a protección da atmosfera e da saúde pública; do solo e das augas; sobre a xestión de residuos ou en materia de uso eficiente da enerxía e da auga, entre outras cuestións.
Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles para poder desenvolver o proxecto, remitiuse a resolución ao órgano substantivo e proximamente daráselle publicidade a través do DOG e da páxina web da Consellería.
A actividade, que se desenvolverá nas instalacións que o promotor xa ten en Muras, consistirá fundamentalmente na valorización de envases plásticos reutilizables danados e outros plásticos de similar composición mediante o seu lavado, triturado e inxección para a fabricación de novos produtos do mesmo material.
O promotor, Técnica de Envases Pesqueros SA, solicita a xestión de 510 toneladas anuais de residuos, que permitirán a fabricación dos produtos que comercializa a empresa distintos dos de uso alimentario, como caixas para botellas, macetas ou palés, entre outros. O plástico para reciclar será na súa maior parte polietileno de alta densidade e, en menor medida, polipropileno.
O fin último é realizar con residuos
plásticos de terceiras empresas produtoras a mesma actividade que fai con pezas plásticas defectuosas que se xeran no seu proceso de produción. De feito, a operativa desenvolverase completamente -a excepción dunha zona de almacenamento inicial que se situará nunha zona exterior de escasa superficie- na planta xa existente, polo que o proxecto non supón a execución de ningunha obra, nin novas instalacións, nin modificación das actualmente existentes ou nova maquinaria.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



