Foz, 23 de marzo de 2026. Dentro do novo contrato de xestión do Ciclo Integrado da Auga, asinado o día 1 deste mes de marzo, o Concello de Foz presentará mañá, martes 24 de marzo, novos canais dixitais (web, Facebook e Instagram) para un servizo de abastecemento de auga máis próximo e transparente e unha oficina virtual para poder facer trámites de forma áxil e segura durante as 24 horas.
A presentación, que é un acto aberto ao público, contará coa presenza do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e persoal técnico e de dirección da empresa FACSA, adxudicataria do servizo. Será no salón de actos do CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) ás 12:30 horas.
Ademais Fran Cajoto anuncia que “durante todo a xornada de mañá, martes, en distintas quendas de mañá e tarde, alumnos de 5º de Primaria dos cinco colexios cos que conta o noso municipio participarán en O Curso da Auga, unha iniciativa para coñecer a través de talleres, xogos e experiencias prácticas, como funciona o ciclo da auga e a importancia de facer un uso responsable deste recurso”.
Con estas actividades o Concello de Foz celebra o Día Mundial da Auga.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



