Foz, 23 de marzo de 2026. O goberno municipal de Foz responde ás críticas do Partido Popular sobre as melloras realizadas na rúa Jesús Nazareno: “no seu afán destrutor das últimas dúas semanas, o Partido Popular de Foz continúa sen aportar nada ao pobo. “Non vamos dicir que nos sorprenda que non lle guste unha obra, o raro sería que o fixera.
Pero, claro, que mire os planos cando se está acabando xa parece de risa,” explica a tenente de alcalde, Inés López Couto, que engade: “di o señor Castiñeira que non existe un plano claro; o que temos claro nos é que non está habituado a consultar proxectos, pero vindo dun aparellador coma el é raro, os planos están no proxecto, por certo, de consulta pública para calquera. Non se perdeu ningunha oportunidade, pensa o líder da oposición que este goberno traballa como o facía el, sen ideas nin con vistas ao futuro, pero o Campo da Cabana merece un proxecto importante de barrio, non por rúas. E non iamos esperar máis para arranxar necesidades urxentes, coma o saneamento da rúa Jesús Nazareno, polo que se optou por actuar e continuar traballando nun proxecto completo para o barrio”.
Inés López Couto comenta tamén: “xa sabemos que para el os servizos non son importantes, por iso lle chama un simple lavado de cara a cambiar un saneamento con moitos anos e roturas continúas, sabemos que a el as tubaxes nunca moito lle importaron. Para planificación xa tivemos a súa na Avenida da Mariña, na que non se cambiaron as tuberías de auga e na que o firme de formigón rompeu en toda a rúa; e en Álvaro Cunqueiro, que ía dirección Burela coma a Avenida da Mariña. Tamén, como se pode observar, están secos a maioría das árbores por poñer en macetas ananas árbores que non collen nelas. Grandísimas obras con gran planificación. Esas foron as oportunidades que perdeu Foz de meter o diñeiro no que realmente se necesitaba. Rúas sen bordillos nas que os coches invaden as zonas de paso dos peóns e que senón fora polos bolardos unha cadeira de rodas non podería circular”.
A voceira do goberno local de Foz engade: “se falamos de obras mal executadas podemos lembrarlle que o PSOE e FPF denunciaron que na obra de Álvaro Cunqueiro non se cambiaron as tubaxes de saneamento a pesar de incluírse no proxecto. Na Avenida da Mariña recibiu a obra e as empresas recuperaron o aval e este goberno tivo que volver orzamentar 150.000 euros para arranxar o firme escachado. En Jesús Nazareno os poucos tramos que cambiou a tubos novos de saneamento eran de polietileno, un material non permitido para o saneamento e que se volveu cambiar nesta obra. Xa que fala de perda de oportunidades, quizais os veciños das rúas Pascual Veiga e Concepción Arenal tamén poderían dicirlle que el tamén tivo a oportunidade de facerlles as beirarrúas accesibles, ou simplemente de levantar as tapas que lles enterrou cando soamente as aglomerou antes das eleccións do ano 2019”.
“Que pena que non se acordara no seu mandato de humanizar algo, e non só de formigonar con menos centímetros dos que viñan nos proxectos. Este non vai ser o único proxecto para o barrio do Campo da Cabana, xa que é unha zona que merece algo máis bonito e ambicioso.
Esperemos que a oposición cambie e deixe de acordarse dos planos cando as obras están rematando para facer cambios a estas alturas. Desexámoslle ao Partido Popular un novo candidato que de verdade queira traballar polo seu pobo e non só marcarse unha noticia”, remata López Couto.























A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



