Advirten de que o municipio leva anos acumulando promesas do PP sen executar mentres continúan sen avanzar en infraestruturas básicas
Xove, 18 de marzo, 2026. O PSdeG de Xove lamentou que a recente visita de deputados provinciais do Partido Popular ao municipio se limitase a un acto institucional sen tratar ningún dos problemas que o concello leva anos arrastrando. A formación considera positivo que representantes públicos se acheguen a Xove, pero critica que o encontro non servise para ofrecer explicacións nin comprometer solucións.
Segundo explican, “Xove leva case dúas décadas escoitando anuncios e promesas que nunca se concretan en feitos. Resulta sorprendente que nunha visita institucional non se falase nin dunha soa destas melloras tan necesarias para a veciñanza”.
Os socialistas lembran que, durante o debate dos orzamentos da Xunta, xa advertiran de que Xove quedaba novamente sen investimentos relevantes, malia as emendas presentadas para financiar actuacións prioritarias. Entre elas, destacan o Portiño de Morás, un proxecto anunciado reiteradamente pero que continúa sen executarse. “Levan anos vendendo esta mellora, pero a realidade é que segue sen pasar das fotografías e das promesas”, denuncian.
Outro dos asuntos que o PSdeG reclama é a ampliación do polígono industrial de Camba, inaugurado en 1999 e sen actuacións significativas desde entón. “A ampliación leva anos anunciándose a bombo e prato, pero nunca chega. Xove non pode seguir perdendo oportunidades de desenvolvemento industrial pola falta de vontade política do goberno local”, apuntan.
Tamén sinalan as graves deficiencias da rede de abastecemento de auga, construída nos anos 90 e cada vez máis deteriorada. “Temos unha infraestrutura terceiromundista: cando chove, a auga chega ás casas coma barro e no verán repítense as restricións. Existe un proxecto de mellora de 1,5 millóns de euros, pero a Xunta non destina nin un euro”, critican.
Os socialistas engaden a falta de avances en saneamento, mellora ambiental e na vía de altas prestacións entre O Castelo e Ferrol, unha infraestrutura anunciada en múltiples ocasións pero sen avances reais.
Desde o grupo municipal conclúen que este tipo de visitas deberían servir para dar resposta ás necesidades da cidadanía. “Estamos encantados de que se visite Xove, pero pedimos que estas visitas se aproveiten para falar do verdadeiramente importante: mellorar a calidade de vida da veciñanza, e non só para facer anuncios baleiros e sacar fotografías”.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



