O Vicedo, 26 de marzo, 2026. O Grupo Municipal Socialista conseguiu aprobar no pleno do 25 de marzo unha moción destinada a mellorar a sinalización das parroquias do concello, unha demanda histórica da veciñanza e recollida nas reunións mantidas nos distintos núcleos rurais.
A iniciativa puxo de manifesto unha realidade evidente: a falta de sinalización continúa a ser un problema que afecta á vida diaria, dificultando a localización de vivendas, o acceso de servizos básicos e o desenvolvemento do territorio. A moción foi aprobada tras ser emendada polo alcalde.
Problemas pendentes de solución
Durante o pleno, o PSdeG presentou varios rogos centrados en cuestións básicas que seguen sen resolverse:
• Arranxo da LU-862, nun tramo con deficiencias que afectan á seguridade viaria.
• Recollida de plásticos agrícolas, ante a ausencia dunha solución estable.
• Mantemento das pasarelas de madeira, moitas delas deterioradas.
• Melloras no Parque do Porto, solicitando a substitución de elementos en mal estado.
Así mesmo, o grupo socialista formulou preguntas para coñecer a situación de diversos servizos municipais:
• Estado do mantemento de fontes e lavadoiros, tras o inventario realizado.
• Falta de contedores en Criximil, que dificulta o uso por parte de persoas maiores.
• Condición das pistas municipais tras a saca de madeira e control das empresas.
• Situación do centro de día, tras a aprobación do orzamento.
• Resposta de ADIF sobre o mantemento das pontes ferroviarias.
Unha oposición activa
Desde o PSdeG sinalaron que este pleno volveu evidenciar que é a oposición quen está impulsando a atención aos problemas reais do concello. O grupo comprometeuse a seguir traballando para trasladar ao pleno as demandas da veciñanza e avanzar en solucións para todas as parroquias.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



