Ribadeo, 17 de marzo de 2026. Ribadeo inviste 20.000 euros na mellora da rúa Virxe do Camiño. As obras xa se iniciaron onte.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “comezaron as obras na rúa Virxe do Camiño, concretamente nas beirarrúas, que estaban dando moitos problemas a todos os veciños e veciñas. Había unha demanda de xa hai moito tempo para que se investira e se arranxara todo este entorno. Fai poucos días tamén invertíamos para mellorar o espazo do Parque dos Indianos e a segunda parte é investir para mellorar as beirarrúas da Virxe do Camiño”.
O rexedor indicou que “as dificultades para as persoas con mobilidade reducida eran totais e absolutas. Tiñan que saír á estrada coa cadeira de rodas, cos riscos que conleva iso, e o que decidimos foi investir, escoitar a todos os veciños e eliminar toda a barreira arquitectónica, eliminar esas pendentes desas beirarrúas e tamén mellorar todo o que ven sendo o entorno”.
Vega subliñou que “estamos a falar dunha inversión de 20.000 euros para mellorar un espazo que estaba realmente abandonado, con moitas dificultades para moitas persoas, non cumpría ningunha normativa de accesibilidade e, en consecuencia, esta inversión para nós é moi importante”.
O alcalde declarou: “seguimos mellorando e seguimos investindo en todos os espazos públicos, en todas aquelas beirarrúas e todas aquelas estradas que están dando problemas. Con inversión é como Ribadeo avanza”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



