O programa, deseñado pola Deputación no 2021, está dirixido a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia para fomentar o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio da provincia nas estacións de primavera e outono
Lugo, 8 de abril de 2026. A Deputación arrancou este mércores a sexta tempada do Coñece a túa provincia con 84 viaxes gratuítas esta primavera. A iniciativa, que impulsa a institución provincial para fomentar o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio da provincia, beneficiará un ano máis a unhas 3.000 persoas en dúas quendas: a primeira, que se desenvolve entre abril e xuño; a segunda, que terá lugar durante o outono.
Pilar García Porto, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e Carlos López López, o Deputado de Medio Ambiente, deron hoxe a benvida aos grupos que estrean as primeiras excursións do programa: a asociación Santalla de Pena de Begonte, que visita Foz; e ás mulleres Bolboretas de Xove, que van a Pantón e Carballedo. Os primeiros fixeron parada na Produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación e os segundos, no Centro de Interpretación Terras do Miño.
Deseñado pola Deputación no 2021 para apoiar ao sector servizos, “este programa demostrou ser un éxito rotundo en termos de participación e de xeración de riqueza para a nosa provincia”, valorou García Porto. A iniciativa está dirixida a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia, e técnicos da institución provincial teñen calculado que as máis de 17.000 persoas que participaron na iniciativa deixaron un retorno económico no territorio que supera os 800.000€.
Esta semana tamén viaxará un grupo de Cáritas Diocesana de Guitiriz, que coñecerá Alfoz e O Valadouro; a asociación O Compás do Río Ouro do Valadouro, que visitará Sober; e El Porvenir del Chao de Lousada, de Xermade, porá rumbo a Barreiros e Ribadeo.
44 itinerarios por toda a provincia
A iniciativa mantén este ano os 44 itinerarios turísticos por toda a provincia e inclúe 7 rutas accesibles para persoas con mobilidade reducida e cada entidade puido escoller entre un máximo de cinco opcións. As excursións cobren todos os aspectos necesarios para gozar dunha experiencia completa: transporte, seguros de viaxeiros, menú de xantar, entradas a lugares de interese e a presenza dun guía oficial habilitado durante todo o percorrido.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



