Jennifer Gómez Galego denuncia unha “actitude autoritaria” de Manuel Requeijo ao negarlle a palabra durante o debate plenario
Muras, 8 de abril, 2026. O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira socialista, Jennifer Gómez Galego, no último pleno extraordinario celebrado en abril, no que se trataba o inicio da licitación das obras do Fondo de Compensación Ambiental.
Segundo explican desde o grupo socialista, Gómez Galego comezou a súa intervención contextualizando a posición do PSdeG respecto ao proxecto, facendo referencia ao pleno de agosto no que xa se abordara esta cuestión. Porén, o alcalde interrompeuna aos poucos segundos e limitou a súa participación, impedíndolle continuar coa súa exposición.
O PSdeG cualifica o sucedido como “unha grave vulneración dos dereitos da oposición e unha falta de respecto institucional”, e acusa ao rexedor de “converter o pleno nun trámite no que só ten cabida a voz do BNG”.
Gómez Galego sinala que “é inaceptable que nun asunto desta relevancia, como un investimento de preto de medio millón de euros, se impida á oposición explicar a súa postura diante da veciñanza”.
As e os socialistas afirman que esta actitude “responde a unha forma de gobernar baseada en evitar o debate” e advirten de que “non van aceptar nin normalizar prácticas que buscan silenciar á oposición”.
Desde o PSdeG esixen ao BNG “que rectifique e garanta o funcionamento democrático do pleno, permitindo a intervención de todos os grupos en igualdade de condicións”, e reiteran que continuarán “defendendo os intereses da veciñanza de Muras”.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



