Ribadeo, 8 de abril, 2026. O BNG de Ribadeo conseguiu no último pleno municipal a aprobación dunha moción en defensa do sector agrogandeiro galego e, de maneira especial, do ribadense.
O portavoz municipal, Martín Graña, valorou moi positivamente o respaldo da corporación a unha iniciativa que recolle as principais demandas dun sector mobilizado nos últimos meses pola súa situación crítica. A moción inclúe o rexeitamento ao acordo UE–Mercosur, pola ameaza que supón para as producións locais fronte á entrada de produtos de terceiros países, así como a oposición ás políticas agrarias europeas previstas e a defensa de prezos xustos para as explotacións.
O texto tamén denuncia a baixa do prezo do leite aplicada polas industrias lácteas nun contexto de incremento dos custos de produción. Segundo o BNG, esta situación xa está a ter consecuencias directas en Ribadeo, onde varios produtores se viron obrigados a tirar o leite desde o 1 de abril ao non lles seren renovados os contratos. Ademais, a moción reclama a reforma da Lei da Cadea Alimentaria para garantir ingresos dignos, a simplificación da burocracia da PAC e o rexeitamento á implantación masiva de plantas de biogás, consideradas prexudiciais para o territorio e para o sector.
Ademais, o BNG presentou dous rogos. O primeiro solicitaba ao goberno municipal o izado da bandeira do pobo xitano o 8 de abril, coincidindo co Día Internacional do Pobo Xitano, como mostra de recoñecemento a unha comunidade activa na vida social ribadense.
O segundo rogo reclamaba unha limpeza xeral de todos os contedores do Concello e a recuperación das limpezas periódicas, co obxectivo de mellorar a salubridade e a imaxe dos espazos públicos.
Por outra banda, a formación nacionalista formulou unha pregunta sobre a situación do Hospital-Asilo, interesándose polos motivos do atraso na licitación da parte da obra pendente. A concelleira Raquel Ferreira pediu explicacións sobre os pasos que debe dar o goberno municipal e instou a actuar con celeridade para reactivar os traballos, lembrando que a finais de abril se cumpre un ano desde a data na que a obra debería estar rematada.
O BNG reiterou o seu compromiso coa defensa dos intereses da veciñanza e anunciou que continuará levando ao pleno iniciativas “construtivas e útiles para mellorar a calidade de vida en Ribadeo”.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



