Madrid, 8 de abril, 2026. O senador socialista César Mogo criticou que o PP, a través do senador José Manuel Balseiro, volvese empregar o Senado como “caixa de resonancia da súa propaganda”, especialmente en relación coa Autovía da Mariña. Segundo Mogo, durante os sete anos de goberno do PP “non houbo nin un só avance, nin un só centímetro executado” nesta infraestrutura.
Na súa intervención, Balseiro volveu recibir a resposta do ministro de Transportes, Óscar Puente, quen reiterou que o compromiso do Goberno coa construción da A-74 Autovía da Mariña é firme. O ministro explicou que o tramo Barreiros–O Carme se atopa xa en fase previa á súa aprobación definitiva, mentres que o tramo O Carme–Foz está en fase de redacción para a súa posterior aprobación. Con estes datos, o Goberno reafirma que a autovía será unha realidade, fronte ás críticas do PP.
Puente lembrou tamén que foi o actual Executivo quen impulsou proxectos como a Autovía Lugo–Santiago ou a estación intermodal de Lugo, ambas actuacións próximas a finalizar.
Mogo chamou a atención sobre o feito de que o senador Balseiro “non diga nada” no Senado sobre os “numerosos incumprimentos” da Xunta en materia de infraestruturas, nin sobre a situación da variante de Viveiro, que —segundo o senador socialista— pasou de proxectarse como Vía de Alta Capacidade a converterse “nunha estrada convencional que non responde ás necesidades da Mariña”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



